Bará inicia unha campaña para o BNG enfocada en activar o voto de "xente nova e urbano"
Por Redacción
O cabeza de lista pola provincia de Pontevedra do Bloque Nacionalista Galego (BNG) para as próximas eleccións autonómicas, Luís Bará, deu este martes o pistoletazo de saída a unha campaña "intensa, propositiva e á ofensiva".
Durante o próximo mes, ata as eleccións, o BNG traballará asegura Bará en activar o voto de "xente nova e urbano, que foi o máis desmobilizado noutras ocasións", xa que "entedemos que é posible o cambio se hai unha gran mobilización o 5 de abril".
O político nacionalista realizou estas declaracións tras manter un encontro co Comité Electoral de Pontevedra, analizando como posible clave que o Partido Popular poida chegar a perder "un deputado por provincia".
Bará insistiu ademais no discurso de que o actual goberno autonómico "está levando a Galiza cara a decadencia" e trátase de "un proxecto que ten como único obxectivo ter o poder".
Por todo iso, e coa "onda favorábel ao BNG" que mantén está a producirse o cabeza de lista por Pontevedra defende que sairán "a por todas" para poder conseguir que Galicia conte coa primeira presidenta da súa historia, Ana Pontón.
Relacionadas:
-
O BNG aposta por unha variante norte que permita urbanizar a PO-308 en San Salvador
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O BNG confirma a Alexandra Fernández e Manu Lourenzo para a súa candidatura por Pontevedra
Por Redacción |
-
Alexandra Fernández 'ficha' polo BNG e integrarase na súa candidatura por Pontevedra
Por Redacción |