A residencia de anciáns de Caldas rexistra o seu segundo positivo por coronavirus
Por Redacción
Para as autoridades, a situación das residencias da terceira idade segue sendo unha prioridade, xa que todos os seus usuarios son persoas de risco ante a epidemia do coronavirus. E, neste momento, rexístranse case un centenar de casos positivos en toda Galicia.
Segundo informou Política Social, as residencias galegas teñen actualmente 99 casos activos por coronavirus, 78 entre os anciáns ingresados nelas e 21 entre os empregados.
Na área sanitaria de Pontevedra, por agora, só está afectado o asilo de anciáns de Caldas de Reis, Nuestra Señora de la Asunción.
Esta residencia, que hai uns días rexistraba o seu primeiro caso positivo e na que se adoptaron medidas de illamento, conta cun segundo positivo entre os residentes.
As residencias máis afectadas en Galicia están en Vigo, con 30 casos diagnosticados no centro DomusVi Barreiro, e en Celanova (Ourense) e San Lázaro (Santiago), con trece pacientes con coronavirus cada unha.
Dos 21 traballadores afectados, catorce son da residencia de Celanova e cinco da de Vigo, segundo informa a Xunta de Galicia.
Nas últimas horas, o goberno galego acordou evacuar a dous centros nodais todos os casos positivos que se dean en residencias da terceira idade, para poder ofrecer aos pacientes unha atención máis especializada.
No caso de Pontevedra, os anciáns serán enviados a unha residencia en Baños de Molgas (Ourense) con 93 prazas, unhas instalacións pechadas desde hai dúas décadas e que ía reabrir as súas portas en breve para acoller un centro para persoas con discapacidade.
Relacionadas:
-
Caldas Kids, unha comunidade virtual para que os nenos compartan propostas creativas
Por Redacción |
-
Efectivos da Brilat desinfectan o centro de saúde e a residencia de maiores de Caldas
Por Redacción |
-
Caldas habilita un servizo de atención psicolóxica mentres dure a crise do coronavirus
Por Redacción |
-
Tres empresas de Caldas doan á vila material de protección contra o coronavirus
Por Redacción |
-
Estudan evacuar a hoteis ou centros pechados a maiores en residencias que dean positivo por coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
O asilo de Caldas, en corentena tras un positivo por coronavirus
Por Alejandro Espiño |