O parque infantil de Médico Ballina vai tomando forma
Por Redacción
As obras de construción do parque infantil de Médico Ballina entraron na súa recta final. Tras o formigonado dos muros perimetrais e a explanación dos terreos, os operarios que están a executar estes traballos colocaron xa gran parte dos elementos de xogo.
O obxectivo da firma Bricantel España, responsable desta obra, prevé terminalo nas próximas semanas.
Neste parque, que ten unha extensión de 1.198 metros cadrados e sitúase nunha parcela cedida polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, invístense 157.520 euros.
A actuación contempla a creación dunha zona de estancia destinada aos acompañantes dos nenos no acceso ao parque e doutra traseira para os diversos xogos infantís.
A zona de xogos contará cun pavimento amortecedor (formado por céspede artificial e placas de entre 35 e 90 milímetros de grosor) e unha ampla variedade de elementos.
Entre eles, haberá unha tirolesa, un pórtico de randeeiras con dúas cadeiras planas, unha randeeira con forma de cesto, dous equipos combinados a maneira de xincana, paneis lúdicos para xogar ao tres e ao catro en raia, un labirinto inclusivo e varias randeeiras con resortes.
A zona de descanso dispoñerá de catro bancos, tres papeleiras, unha mesa de de ping-pong, dúas mesas con taboleiros para xogos de mesa de xadrez e parchís e bancos incorporados, tres papeleiras e fontes de auga adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
Relacionadas:
-
Ganas de xogar no demandado parque infantil de Médico Ballina: “Es como un sueño hecho realidad”
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Médico Ballina estreará a próxima semana o seu ansiado parque infantil
Por Alejandro Espiño |
-
O PP reitera a súa petición de cambio de nome do parque de Médico Ballina e que se lle dote de árbores
Por Redacción | Creada e actualizada
-
6 de xullo, nova data para a estrea do parque infantil de Médico Ballina
Por Alejandro Espiño |
-
Juan Bautista Andrade estrea pasarela peonil para acceder ao aparcamento de Pasarón
Por Redacción |
-
Un agasallo para cando os nenos da rúa Médico Ballina rematen o confinamento
Por Oskar Viéitez |
-
As obras do parque infantil da rúa Médico Ballina, por fin en marcha
Por Alejandro Espiño |