A Asociación contra o cancro reabre a súa sede en Pontevedra
Por Redacción
A sede da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Pontevedra abre de novo as súas instalacións en Pontevedra a partir deste luns, 1 de xuño, para volver atender ás persoas con cancro e as súas familias de forma gradual e de acordo á Guía de boas prácticas nos centros de traballo do Ministerio de Sanidade.
O horario é de luns a venres de 8.30 a 14 horas.
Desde a AECC aseguran que o regreso paulatino aos servizos presenciais faise coa máxima seguridade e acorde ao protocolo de prevención en riscos laborais da organización. Así, cumprirase coas accións adoptadas en relación coas medidas organizativas, de distanciamento interpersoal e de hixiene, para garantir unha volta segura tanto aos profesionais da Asociación, ao equipo de voluntariado como ás persoas beneficiarias.
Polo momento, a sede contará unicamente cunha persoa por departamento que estará de forma presencial atendendo as solicitudes de pacientes con cancro e os seus familiares para ofrecerlles os servizos que presta a Asociación na provincia.
A Asociación segue mantendo os seus servizos a distancia para todas aquelas persoas que prefiran non acudir de maneira presencial, pero necesiten a axuda dos profesionais e voluntarios da AECC.
Neste sentido a AECC mantén a rede de apoio para que ningunha persoa con cancro senta soa, desatendida ou desinformada nesta crise sanitaria: servizo gratuíto de Infocáncer (900 100 036) as 24 horas do día, os 7 días da semana, sesións de vídeoconsultas, programa de voluntariado online e presencial, axuda a través de redes sociais, ou a aprobación dunha partida extraordinaria de 3 millóns de euros para facer fronte á vulnerabilidade social das familias con cancro.
4.893 INTERVENCIÓNS DURANTE O CONFINAMENTO
A Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra fixo pública a súa actividade asistencial durante o confinamento a través dunha infografía no período comprendido entre o 16 de marzo e o 29 de maio, da que se deducen un total de 4.893 intervencións en toda a provincia realizadas polo equipo de profesionais xunto ao equipo de voluntariado.
Máis de 4.000 pertencen a pacientes oncolóxicos e as súas familias que solicitaron apoio psicolóxico, social e logopédico.
Ademais, a AECC Pontevedra ofrece apoio emocional, información e asesoramento xurídico-laboral, axudas económicas para sufragar gastos de manutención, vales de alimentos e entrega de material ortopédico, coa finalidade de garantir a confortabilidad e calidade de vida deste colectivo.
A medida de ampliar os seus servizos de apoio emocional máis aló do ámbito oncolóxico conta cun total de 711 intervencións. Entre os que se atopan persoas afectadas pola covid-19, familiares que sufriron unha perda dun ser querido, equipo de voluntariado e profesionais de servizos esenciais. Unha decisión tomada pola AECC Pontevedra para apoiar nestes momentos de incerteza, ansiedade e medo, e situacións que antes eran impensables como a dor #ante imposibilidade de despedirse dos seus seres queridos.
Relacionadas:
-
A "Carreira Máis Longa da Historia" que organiza a AECC chega esta fin de semana a Pontevedra
Por Redacción |
-
A AECC de Pontevedra supera as 1.500 intervencións desde o inicio da corentena
Por Redacción |
-
Nove psicólogos ofrecerán terapia psicolóxica e desafogo emocional en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |