Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, acusa ao PSOE provincial de mentir sobre as residencias de maiores que promove a Xunta
Por Redacción
Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, mostra o seu malestar polo que cualifica como "ataque inxustificado" do PSOE ao Concello que goberna. A polémica parte dunha publicación dun tweet en redes sociais que o alcalde cualifica como "falso".
A afirmación realizada na conta de Twitter do PSdeG-PSOE sinala que a Xunta de Galicia ten en marcha a construción de dúas residencias no Concello de Cerdedo-Cotobade ironizando que esa circunstancia se produce porque alí goberna o Partido Popular:
Así @G_Caballero_M. Na provincia de Pontevedra a Xunta de Galicia ten en marcha a construción de dúas residencias. E no mesmo Concello! En Cerdedo-Cotobade! Quen goberna alí! Oh, casualidade! O PP! https://t.co/Cu1nJhVYBH
— PSdeG-PSOE Pontevedra (@PsoePontevedra) June 16, 2020
Ante este tweet, Jorge Cubela sinala que a Xunta só impulsa o proxecto de Cerdedo e afirma que o equipo de Gonzalo Caballero, candidato socialista nas eleccións autonómicas, quere "sementar unha dúbida falaz de trato de favor e partidista, xa que todo o mundo sabe que o executivo galego só impulsa o proxecto de Cerdedo e non está a regar o noso territorio de residencias".
O alcalde recoñece que existen dous proxectos de xeriátricos en Cerdedo-Cotobade, o promovido pola Xunta cun orzamento de 1,7 millóns de euros e que se atopa na fase final das obras e outro de índole exclusivamente municipal, que se realizará en Carballedo, un proxecto que se sitúa agora á espera do proxecto técnico tras aprobarse as expropiacines. Cubela afirma que nesta actuación, a administración autonómica "non ten absolutamente nada que ver e ademais, aclaro aos sociaistas, que non se decatan de nada, de que aínda lle falta bastante para comezar as obras", afirma o rexedor.
Jorge Cubela lamenta a actitude da agrupación socialista e asegura que "non lle consento que mintan sobre o noso Concello co obxectivo de sementar dúbidas cando o único que hai en Cerdedo-Cotobade é un goberno que fai traballo, xestión, defende os intereses xerais e loita por mellorar a calidade de vida dos seus veciños", apunta o máximo representante municipal que mostra o seu malestar polo que entende é unha "falta de respecto, un ataque inxustificado e unha mentira" por parte do PSOE provincial, ao que esixe desculpas públicas ou, pola contra, adoptará medidas no seo do territorio municipal para defender os intereses do seu municipio "ante a constante postura vengativa dos socialistas cos nosos proxectos"
Relacionadas:
-
Comeza a expropiación de parcelas para a construción da Residencia de Carballedo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade anuncia un Plan de Investimentos de 8,3 millóns de euros para a reactivación económica
Por Redacción |
-
O estado de alarma non freou a nova residencia de Cerdedo, que estará terminada no outono
Por Redacción |