O PP critica que os parques de Pontevedra sigan pechados unha semana despois e denuncia "incapacidade para articular medidas"
Por Redacción
O PP de Pontevedra lamenta que máis dunha semana despois do decreto da Xunta de Galicia que regula as bases da nova normalidade, que permitía abrir os parques infantís de toda Galicia, o Concello siga "paralizado" e as zonas de lecer infantil do municipio sigan pechadas.
Os 'populares' xa lamentaran días atrás a falta de previsión do Concello neste asunto e agora critican que municipios como Marín, Soutomaior, Sanxenxo, Vilanova, Cambados, Poio ou A Lama xa adoptaron medidas e pregúntanse "a que espera o Concello de Pontevedra para cumprir igual que os demais?", pois se trata de concellos con menos medios que "xa levan varios días asegurando e garantindo a seguridade destes lugares".
Ademais, cren que ao manter os parques de Pontevedra pechados "obrígannos a ir a outros concellos" e piden "maior" compromiso do Concello coa desescalada, pois "non podemos permitir que os nosos cidadáns e cidadás sigan tendo que desprazarse ata os parques doutros concellos para que os seus fillos poidan xogar".
"Tivo xa o tempo necesario para articular algunha medida", critica o presidente do PP local, Rafa Domínguez, que atribúe a situación a unha "incapacidade para articular medidas" que aseguran que lles "preocupa", pois para abrilos tan só necesita garantir medidas hixiénicas básicas e de protección, que son de competencia municipal.
O líder do PP local asegura que non entende que se puidesen abrir estes espazos desde o luns e "o Concello tardase catro días en enviar un escrito á Xunta con dúbidas sobre a apertura". Neste sentido, critica que "non se pode pretender seguir culpando ao Goberno autonómico da propia inacción do Concello de Pontevedra".
Os 'populares' defenden as esixencias sanitarias marcadas pola Xunta de Galicia e móstranse "seguros" de que se o mando único seguise vixente, serían exactamente as mesmas.
Relacionadas:
-
Risas e xogos regresan, por fin, aos parques infantís de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Comeza a posta a punto dos parques infantís do rural pontevedrés
Por Redacción |
-
Poio reabre progresivamente os parques infantís
Por Redacción |
-
Abrir os parques infantís de Pontevedra custará 1.400 euros diarios
Por Redacción |
-
Os socialistas critican á Xunta por abrir os parques infantís sen contar cos concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez acusa o Concello de "falta de previsión" na apertura dos parques infantís
Por Redacción |
-
Pontevedra decide manter pechados unha semana máis os parques infantís
Por Redacción |