ENCE asegura que as súas análises confirman "episodios de cheiros e non problemas respiratorios"
Por Redacción
O incidente nunha das caldeiras de Ence segue xerando reaccións. A última delas da propia empresa. A pasteira asegura que tras unha "análise exhaustiva" dos datos operativos da fábrica de Lourizán, está en condicións de confirmar que "os parámetros ambientais do seu centro mantivéronse dentro dos valores marcados pola normativa vixente e que non puideron ser causa de afección respiratoria algunha".
Nun comunicado, Ence recoñece que o pasado domingo se produciron "episodios olorosos" de 40 e 10 minutos de duración, que se produciron respectivamente ás 17.00 e ás 21.00 horas, pero insisten en que foron inocuos para a cidadanía pontevedresa.
A compañía insiste en que as emisións olorosas, que eran "habituais" ata hai pouco na súa fábrica de produción de celulosa de Pontevedra, e que Ence asegura reducir en preto dun 90% nos últimos anos, "non provocan afecciones respiratorias nin teñen ningún outro tipo de consecuencia para a saúde, aínda que resultan desagradables para o olfato".
Neste sentido, a empresa manifesta neste comunicado o seu "firme compromiso" de avanzar en excelencia operativa e medioambiental do seu centro de operacións de Pontevedra, que contempla, como plan prioritario, a eliminación total de cheiros no 2014, "así como na súa política de transparencia e rigor informativo coas institucións e os cidadáns".
Ence recorda que todos os datos medioambientais diarios da fábrica están a disposición dos cidadáns de forma aberta en www.encepontevedra.com.
Relacionadas:
-
Os escapes en Ence foron "inocuos", di a Xunta, que anima a Lores a "actuar en consecuencia" se non o cre
Por Oskar Viéitez |
-
Veciños de Pontevedra quéixanse dun novo escape en ENCE e a empresa négao
Por Anxo Lourido |
-
O PP local reclama a Lores que pida perdón aos traballadores de Ence e lamenta a falta de transparencia da empresa
Por Anxo Lourido |
-
Lores: "Temos case 9.000 parados, non vamos a resolver o problema do paro con 200 traballadores de ENCE"
Por Diego Espiño |
-
Os técnicos da Xunta non inspeccionaron ENCE tras o incidente e consideran que é un "episodio puntual de mal olor"
Por Anxo Lourido |
-
Estudan expedientar a ENCE pola "fuga de gases" que provocou problemas respiratorios na cidade
Por Alejandro Espiño |