Os comuneiros de Mourente reclaman á Xunta a apertura urxente de negociacións sobre os terreos de Montecelo
Por Oskar Viéitez
A comunidade de Montes de Mourente ven de presentar este venres un escrito perante a Consellaría de Sanidade no que reclaman a apertura inmediata de negociacións sobre os terreos do Hospital Montecelo. Este escrito se presenta cando están a punto de cumprirse dous anos desde que una sentenza do Tribunal Supremo declarara firme a titularidade veciñal dos terreos a prol dos comuneiros de Mourente.
No seu escrito, esta Comunidade de Montes recórdalle á Xunta de Galicia que despois da comunicación anterior do mes de xaneiro no que ameazaba con acudir aos tribunais se o Sergas non resolvía sobre a ocupación duns terreos que desde xullo de 2018 son propiedade comunal, representantes da Consellaría de Sanidade mantiveron o 11 de febreiro unha reunión en Santiago coa Xunta Reitora da Comunidade na que reiteraron a súa preferencia pola expropiación, inda que estaban dispostos a escoitar as condicións dunha posible cesión de uso se incluían a necesaria garantía xurídica que dese cobertura ás obras de renovación do actual Hospital.
Os representantes dos comuneiros adiantaron unha oferta provisional que foi cualificada de "aceptable" polos representantes da Consellaría e comprometéronse a que se daría resposta en poucos días. Desde aquela, sinalan os representantes dos comuneiros que "a Xunta de Galicia foi poñendo escusas para non dar contestación á proposta da Comunidade de Mourente, primeiramente aducindo o estado de alarma pola pandemia e actualmente xa non dá nin escusas ".
A Comunidade de Montes de Mourente lamenta a "falta de seriedade da Xunta de Galicia cando leva case dous anos ocupando terreos comunais para os cales non ten título nin autorización, e non toma unha decisión sobre a oferta dos comuneiros, quizais esperando que remate o proceso electoral".
Desde Mourente "non se entendería" que a Consellaría decidise iniciar un proceso expropiatorio que significaría o pagamento cando menos de centos de miles de euros cando a Comunidade realizou unha oferta de canon cualificada de "razoable" por representantes da Consellaría e que evitaría o desembolso da correspondente indemnización. Precisamente nun momento en que a necesidade de gasto sanitario se incrementou considerablemente por mor da pandemia provocada pola Covid19.
Relacionadas:
-
Os comuneiros de Mourente aproban a cesión á Xunta dos terreos de Montecelo por 23.000 euros anuais
Por Diego Espiño |
-
Os comuneiros de Mourente, confiados en pechar un acordo polo canon dos terreos de Montecelo "nos próximos días"
Por Diego Espiño |
-
Os comuneiros de Mourente acusan ao Sergas de actuar como un "okupa" nos terreos veciñais
Por Oskar Viéitez |
-
As obras de canalización de Mourente obrigarán a restrinxir o acceso a Os Areás a próxima semana
Por Redacción |
-
Ultimato dos comuneiros ao Sergas: dánlle un mes de prazo para negociar por Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade negociará cos comuneiros de Mourente polos terreos de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
Mourente ofrece ceder a Sanidade os terreos de Montecelo "por un módico canon"
Por Alejandro Espiño |
-
A Audiencia ratifica que os terreos de Montecelo son da comunidade de montes
Por Alejandro Espiño |