Moraña tramita 64 peticións da axuda municipal a empresas afectadas pola Covid-19
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Moraña recibiu un total de 64 solicitudes para acceder ás axudas económicas que o Concello pon a disposiicón dos autónomos e pequenas empresas.
Só tres semanas despois da súa papertura o Concello tramitou 45 peticións por peche de actividade e outras 19 por redución da facturación.
Cun orzamento global de 100.000 euros, o prazo de presentación de solicitudes continúa aberto. As bases inclúen unha axuda de 900 euros ás empresas que pecharon e 400 euros para os que reduciron a súa actividade.