Ponte humana reivindicativa para alertar sobre as necesidades da área sanitaria de Pontevedra
Por Redacción
Co.Bas, Prosagap e CESM Galicia volveron saír á rúa na tarde deste xoves para levar a cabo unha acción consistente en crear unha cadea humana entre o Hospital Provincial e o Concello de Pontevedra.
Con esta iniciativa, os tres sindicatos sanitarios queren trasladar aos portavoces dos distintos grupos con representación na corporación municipal as necesidades que ten o persoal dos centros de saúde e hospitais da comarca, debido ás carencias do Sistema Público de Saúde.
A través desta ponte humana entre o Hospital e o Concello simbolízase, segundo os sindicatos convocantes, a unión do persoal sanitario e da cidadanía coa intención de que os grupos municipais atendan as demandas actuais no ámbito da saúde, que se centran en contratacións dignas e estabilidade do emprego do persoal sanitario, ademais do desenvolvemento do Plan Estratéxico de Atención Primaria.
Indican que é necesario informar á cidadanía, antes das eleccións do domingo 12 de xullo, da falta de recursos ante a "perversa manipulación da información" que levou a cabo a xerencia de José Ramón Gómez na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés durante os momentos máis intensos da expansión da pandemia da Covid-19.
Neste sentido, afirman que desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta de Galicia no ano 2009 incrementáronse os recortes e as privatizacións na sanidade pública da comunidade autónoma.
Relacionadas:
-
Piden a destitución da xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés por "incompetencia manifesta"
Por Anxo Lourido |
-
Cadea humana entre o Provincial e o Concello para trasladar aos grupos políticos as necesidades sanitarias
Por Redacción |
-
Centos de persoas demandan a destitución da xerencia dos hospitais de Pontevedra se non abre vías de diálogo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os sindicatos sanitarios continuarán coas mobilizacións ata que se abra unha mesa de negociación coa Xerencia
Por Oskar Viéitez |
-
Sindicatos sanitarios acusan o Sergas de manipular as cifras de afectados pola Covid para saír do estado de alarma
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Sindicatos acusan os responsables sanitarios de "tentar boicotear" as súas protestas e liberdade de expresión
Por Redacción |