780.000 euros para a mellora de cinco estradas autonómicas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de adxudicar por 785.000 euros as obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis. Comezarán no mes de agosto e contará con un prazo de execución de 6 meses.
Segundo informan dende a Xunta, realizaranse en varios tramos das estradas PO- 301, PO-529, PO-530, PO-531 e V.G-4.7, ao seu paso polos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis, e consistirán en traballos de rehabilitación do firme e a reposición da sinalización en varios treitos destas estradas.
Así, na PO-301, que comunica as localidades de Ponte Arnelas e Vilagarcía de Arousa, os traballos centraranse nos treitos entre os puntos quilométricos 0+019 e 1+169; 2+262 e 6+589; e do 1+241 ao 2+262.
Na estrada PO-529, que conecta a estrada PO-549 coa VG-4.3, nas proximidades de Vilagarcía de Arousa, actuarán na glorieta de conexión coa PO-549, xunto cos seus ramais de acceso e os 211 primeiros metros do tronco.
No caso da PO-530, que une a estrada PO-549 coa VG-4.3, á altura da Illa de Arousa, a intervención centrarase en dous treitos, o que vai do punto quilométrico 0+071 ao 0+982 e do 1+137 ao 2+265.
Na estrada PO-531, que conecta as localidades de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, actuarán nos treitos entre os puntos quilométricos 9+500 e 10+200 e do 11+773 ao 18+744.
Finalmente, na V.G-4.7, vía de alta capacidade que circunvala Vilagarcía, actuarán polo este desde a glorieta do enlace coa PO-531 e a N-640 ata Carril. En concreto, os traballos realizaranse no carril dereito, entre os puntos quilométricos 7+318 e 7+475, e no carril esquerdo, entre o 7+320 e 7+483.
Relacionadas:
-
Batería de obras en cinco estradas autonómicas entre Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Pasos de peóns e prazas de carga e descarga, principais reclamacións veciñais á Xunta para a reformada PO-308
Por Redacción |
-
A Xunta rozará as marxes de estradas autonómicas da comarca a vindeira semana
Por Redacción |