Se as pulgas, serpes ou lepismas ameazan o teu fogar, Farmacia Esteban Droguería ten a solución
Os meses de confinamento e as altas temperaturas deste verán provocaron que aumente a preocupación pola presenza de pequenos insectos, moi molestos, dentro das casas.
Os máis comúns, as formigas, pulgas, couzas ou os chamados pececiños de prata. Se miramos cara ao exterior, nas zonas axardinadas, animais de maior tamaño, como as serpes ou os roedores, constitúen unha grave ameaza para este tempo de descanso.
Xa sexan insectos, réptiles ou roedores, Farmacia Esteban Droguería, cunha experiencia de case un século, infórmanos das pragas domésticas máis comúns en Galicia. Para todas elas, con fórmulas propias e produtos de distribuidores seleccionados, calquera particular ou empresa vai atopar unha solución adecuada con só achegarse ao seu establecemento da avenida do Uruguai, 29, en Pontevedra.
Recomendacións de Eduardo Esteban, farmacéutico |
BICHOS POR ZONAS
Os bichos domésticos, entre a humidade que temos en Galicia e a calor, nesta época proliferan máis. Xa sexan produto da madeira, como o caruncho, os térmites..., para os que podemos facer tratamentos desde casa, non só tratamentos profesionais, senón domésticos. E despois habería bichos do xardín, ou dos testos das plantas: pulgón, cochinilla e outra serie de pragas propias desta época, que tamén podemos combatelas a través de insecticidas e outros produtos que hai accesibles para todo o mundo na nosa Droguería.
BICHOS PROPIOS DAS CASAS
Outro tipo que poderiamos comentar é o da 'bichería' múltiple das casas, das cámaras das construcións ou das humidades. Neste grupo, o máis significativo e menos coñecido é o lepisma. Este pececiño de prata, ou tecnicamente chamado lepisma, a xente o que descoñece é que se pode combater. É un bicho molesto, moitas veces por condicións de humidade ou acúmulos de po. Adóitase ver, á parte de nos cuartos de baño, en zonas onde se acumulan revistas ou xornais. Coñéceselle como o 'bicho de biblioteca'. Non é agradable atoparse con eles e hai xente que lles ten alerxia.
Tamén neste grupo está as formigas. Nacen en todos os sitios, non hai forma, digamos, de eliminalas, pero si de non telas permanentemente en casa, cos problemas que iso pode carrexar. Hoxe en día as formigas xa se poden matar por métodos moi inocuos para nós ou para os animais de compañía, que nin cheiran nin ensucian. Son velenos que se poñen en pequenas cantidades, moi específicos para a formiga e que matan a todo o formigueiro.
Outra praga moi común en casa son as couzas dos legumes e dos cereais, que normalmente a xente non as identifica como tal. Ve bolboretiñas por casa, polo salón, e cre que son moscas ou bolboretiñas do campo ou couzas da madeira e non, son couzas que nacen dos legumes secos. O legume dentro pode xerar unha couza ou moitas veces esas couzas están en adornos que compramos, por exemplo, espigas de millo, que xeran a couza do millo, que voa, pon os ovos e provoca unha praga en casa.
BICHOS E ANIMAIS DOMÉSTICOS
Se temos animais de compañía, hai que diferenciar as pulgas, por exemplo, que afectarían á parte externa, e as chamadas tipicamente lombrigas, que son unha chea de parasitos que están na parte interna do animal de compañía. Todos eles pódennos xerar moitos problemas, xa sexan as típicas picaduras de pulga ou chinche, ou o caso dos parasitos internos, que minguan ás nosas mascotas pero que tamén poden producirlle algún tipo de problema á xente que estea no domicilio, sobre todo nenos pequenos ou persoas maiores.
BICHOS & PLANTAS
Se temos un pouco de xardín, os problemas das plantas aumentan e para manter as súas boas condicións, nós traballamos unha chea de produtos para tratar todas as pragas, como cochinilla, engurramento da folla, pulgóns e pragas propias de cada especie, tipo a palmeira ou dos limoeiros, os cítricos, que se vende moito aquí. Despois hai problemas por falta de vitaminas que poida ter a terra, de abonado. Iso tamén o tocamos nós a través de produtos químicos e de abonos cos que se poden corrixir esas carencias nas plantas.
ROEDORES DE CAMPO
Dentro do apartado de campo, aí tamén poderiamos englobar as toupas ou os ratiños de campo, para os que hoxe en día hai produtos moi novos no mercado onde poñendo moi pouquiñas cantidades hai maior matanza de individuos. Estes novos velenos inclúen dúas cousas importantes: que o animal morre no seu tobo, non á vista das persoas, e segundo, que morren secos, morren desangrados, co que non cheiran, e iso é unha mellora moi importante. E despois hai os sistemas máis ecolóxicos, máis naturais, que tamén están hoxe en día moi en boga, que tamén os temos en Farmacia Droguería Esteban, que son os repelentes por cheiro ou por contacto. Segundo a problemática de cada persoa, estúdase e aconséllaselle a forma máis conveniente para iso, en función do que queira.
SERPES E CULEBRAS
Neste sentido, lembrar que nós vendemos moitísimo a campos de golf, a cámpings e a hoteis, que adoitan parcelar con produtos nosos, sobre todo para os ratos, as ratas e para as serpes. En concreto, o repelente de serpes véndese moito nesta época de verán, case é o produto estrela, tamén o repelente dos xabarís.
O repelente de serpes véndese moito nesta época de verán, case é o produto estrela, tamén o repelente dos xabarís
O de serpes xa é un produto específico que vai encamiñado sobre todo para serpes e culebras, velenosas e non velenosas, para mantelas controladas fóra das zonas de uso humano. Como non se poden matar, este produto o que fai é que chega ás súas papilas e provoca que non se acheguen a esa zona. É o exemplo dos cámpings, campos de golf, hoteis con xardín ou piscinas, xa sexan particulares ou públicas, onde poida haber vexetación ou verde.
REPELENTES DE CANS
Dentro dos repelentes, tamén vendemos produtos que se utilizan especificamente para controlar o acceso de cans a zonas onde poidan resultar molestos ou para que non fagan as súas necesidades, por exemplo nos portais. Hai produtos comerciais, a base de resinas olorosas, que fan que o can non vaia a ouriñar continuamente neses sitios. Son líquidos que tentan "reeducar" ao animal. E despois hai produtos químicos que a xente os vén utilizando tradicionalmente, por exemplo o xofre, ese po amarelado que se ve moitas veces nas fachadas e que tamén vendemos aquí.
AS PICADURAS DESCOÑECIDAS TAMÉN TEÑEN SOLUCIÓN
Resulta habitual que teñamos pragas en casa pero que non as identifiquemos. É o caso de alguén que cre que ten urticaria ou que ten unha picadura no corpo e, sen sabelo, esa picadura o que manifesta é que hai pulgas na súa casa, por exemplo. Neste sentido, as picaduras de pulga e chinche son moi significativas.
Sempre que alguén ten unha picadura ou nos refire unha picadura de alguén de casa, pedímoslle que nos ensine unha fotografía, porque iso axúdanos a identificar o tipo de bicho que pode ter en casa. Tamén se o bicho é visible, ou o cazou, pedímoslle ou que nos traia o bicho ou que nos ensine unha foto, con iso xa temos gañado moito.
Remata o farmacéutico Eduardo Esteban as súas indicacións apuntando que sempre está ao dispor de calquera que teña unha necesidade relacionada coas pragas e outras incidencias domésticas ou do campo. "Se quere o noso asesoramento ou comprar o produto que podemos ter nós, o ideal sería poñerse en contacto cunha chamada telefónica, por correo, ou vir en persoa ao establecemento e así escoitando o seu problema é máis fácil aconsellarlle. Está claro que a gama de produtos é amplísima e sempre hai unha cousa que vai mellor que outra para unha determinada persoa".
Farmacia Esteban Droguería é un establecemento cunha sólida experiencia desde a súa fundación na praza de Curros Enríquez en 1924. Tras case un século de historia, ofrece os seus servizos na súa nova localización na avenida do Uruguai, 29, fronte á ponte das Correntes e o Club Naval, en Pontevedra. Atende tamén nos teléfonos: 986 852 030 / 680 472 850 e no correo info@farmaciaestebandrogueria.es