As obras da nova senda de Alba a San Caetano obrigan a pechar a estrada PO-225 a partir do mércores 12
Por Redacción
As obras para a execución da nova senda peonil entre Alba e San Caetano fará necesario o corte da estrada PO-225 a partir do vindeiro mércores 12 de agosto.
Segundo deu a coñecer este domingo a Xunta de Galicia, este peche da circulación é preciso para permitir o avance nos traballos e para garantir a seguridade de peregrinos, veciños e usuarios da vía.
O citado peche estará axeitadamente sinalizado para facilitar a mobilidade nesta contorna e permitirá o acceso a residentes e locais comerciais, polo que a circulación quedará limitada aos veciños da zona e ao tráfico pesado cara ás industrias existentes.
Así, será posible utilizar parte dun carril para o tránsito de peóns e peregrinos e outro carril e medio, coa oportuna regulación, para a circulación do resto de vehículos.
A construción deste itinerario peonil suporá un investimento próximo aos 640.000 euros. Construirase unha senda duns 600 metros no treito da estrada PO-225, que conecta as poboacións de Alba e San Caetano e as empresas situadas na zona, e que que coincide coa traza do Camiño de Santiago Portugués.
Esta intervención ten por finalidade incrementar a seguridade de veciños e dos peregrinos nos seus desprazamentos polo Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Alba e San Caetano.
O obxectivo da Xunta é ter finalizados os traballos este mesmo ano e que a senda estea lista para ser empregada polos peregrinos que acudan a Compostela no Xacobeo 2021.
Relacionadas:
-
Pechan ao tráfico a estrada PO-225 pola última fase das obras da senda peonil entre Alba e San Caetano
Por Redacción |
-
Inician os traballos de construción da senda peonil na PO-225 entre Alba e San Caetano
Por Redacción |
-
Adxudicadas as obras para crear o novo sendeiro peonil entre Alba e San Caetano polo Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Licitadas as obras para crear a senda peonil entre Alba e San Caetano
Por Redacción |
-
A Xunta reclama ao Concello que se implique coa variante de Alba para reformular o trazado
Por Redacción |