Apoio municipal para visibilizar a situación dos pacientes ostomizados
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra aprobou este luns na Xunta de Goberno Local un convenio de colaboración dotado con 4.000 euros coa Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (Asseii).
Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro dedicada á defensa dos dereitos e a calidade de vida das persoas con con a enfermidade de Crohn e colotis ulcerosa e persoas Ostomizadas, dos seus familiares e contorna social. Está declarada entidade de carácter social.
Foi creada o 18 de xullo de 2013 na cidade de Pontevedra e o ámbito de actuación preferente é o galego. A día de hoxe contan con máis de 200 persoas asociadas.
Entre os seus obxectivos atópase o asesorar e proporcionar axuda social, sanitaria, psíquica, física, fiscal, laboral, terapéutica e asistencial de todo este colectivo, facendo fronte á enfermidade de forma activa e positiva.
Ademais contribúen a canalizar as súas demandas diante das entidades públicas para fomentar e garantir a máxima protección posible deste colectivo, e evítese calquera prexuízo social lográndose a total integración social.
Tamén levan a cabo proxectos de sensibilización, prevención e normalización para a sociedade e as institucións, entre outros moitos obxectivos.
Relacionadas:
-
A APP pontevedresa que axuda os pacientes con Crohn a xestionar o seu día a día
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Deputación estrea o seu primeiro aseo adaptado para persoas ostomizadas
Por Redacción |
-
Víctor Loira será o pregoeiro das Festas do Carme de Marín
Por Redacción |
-
RADIO.- Este mes farase a segunda intervención con células nai a outra nova enferma de Crohn
Por Marisa Ciordia |
-
O Pazo da Cultura acolle o sábado a quinta Xornada de Ostomías
Por Redacción |
-
850 quilómetros en bicicleta para visibilizar as enfermidades inflamatorias intestinais
Por Redacción |