San Roque e San Sebastián reciben tamén invocacións en lingua de signos
Por Redacción
Pilar Iglesias Fernández e Rafael Barroso Sánchez, membros de XOGA, a Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, foron este martes os encargados da invocación a San Roque e San Sebastián na novena extraordinaria que continúa en Santa María a Maior de Pontevedra. Ambos, con perda auditiva realizaban a intervención en lingua de signos.
Durante esta invocación aos santos deixaban constancia das dificultades, ás que a maiores do resto da poboación, levan facendo fronte por carencia de máscaras transparentes, falta de información con subtítulos, en lingua de signos ou intérpretes, en todos os ámbitos, incluído o sanitario. Por iso, pediron máis comprensión e empatía á sociedade, así como maior sensibilidade nas administracións públicas "para que rompan dunha vez por todas co illamento en que nos sumiu a pandemia global".
Estas novenas extraordinarias continuarán ata o vindeiro venres 14 de agosto. Polas mañás ás 11.00 horas na Real Basílica de Santa María a Maior, coa correspondente invocación; e polas tardes ás 19.00 horas na propia Capela de San Roque.
Mañá mércores está previsto que a innovación corra a cargo Ana Belén Rial Nieto, que dirixirá as súas palabras en representación do sector da limpeza.
Relacionadas:
-
A covid altera as celebracións de San Sebastián, o protector contra as pandemias
Por Redacción |
-
Crean unha unidade didáctica para concienciar ao alumnado sobre a comunicación coa poboación xorda
Por Oskar Viéitez |
-
O escritor Rodrigo Cota: "Imaxinádevos, santos Roque e Sebastián, estando a cousa como está, as dificultades que temos para atopar traballos"
Por Redacción |
-
"Sentimos unha enorme preocupación polo novo curso e a incorporación do alumnado e profesorado ás aulas"
Por Redacción |
-
O sector da limpeza urbana ante San Roque: "Non ter contacto físico cos meus fillos en 32 días foi o máis duro"
Por Redacción |
-
Petición a San Roque e San Sebastián polo sector da alimentación e a "xentiña do mar"
Por Redacción |
-
"Solidariedade cidadá para frear os contaxios", petición do doutor Julio Diz no cuarto día de novena extraordinaria
Por Redacción |
-
A devoción por San Roque "cobrou especial vixencia" pola pandemia
Por Oskar Viéitez |