César Poza convértese en alcalde de Vilaboa con maioría simple
Por Redacción
Cos votos a favor do PSdeG, coa abstención dos tres concelleiros do BNG e o voto en contra dos catro edís do PP, César Poza González saía elixido como novo alcalde de Vilaboa no pleno celebrado na tarde deste xoves 20 de agosto.
Numerosos veciños asistían a este pleno na Casa da Cultura de Riomaior, que comezaba coa toma de posesión de César Poza da súa acta de concelleiro. Na votación para ser elexido como alcalde obtiña a maioría simple, ao renunciar o BNG a seguir sendo socio de goberno, que lle permite proclamarse máximo mandatario do Concello de Vilaboa.
O rexedor socialista no seu primeiro discurso tendeu a man á oposición e destacou os puntos fundamentais da súa nova etapa."Será preciso afrontar con entereza e capacidade resolutiva o actual escenario de crise pola pandemia. Non é momento de quedarse nos discursos, é momento de traballar, de estar unidos para que as consecuencias teñan o menor impacto posible", indicou Poza.
Tamén tivo palabras de agradecemento ao anterior alcalde, Francisco Costa, que deixaba por motivos persoais o cargo renunciando á súa acta de concelleira. Tamén tivo palabras cara ás figuras de Luís Poceiro e Paco Barcala aos que considera os seus mentores políticos. "Eles tres entenden mellor que ninguén que un alcalde é un veciño máis e que seu nome e os seus intereses individuais deben quedar sempre detrás do cargo", afirmou o novo rexedor.
Relacionadas:
-
César Poza estrea a alcaldía de Vilaboa cunha reestruturación do goberno local
Por Redacción |
-
Rompe o Bipartito de Vilaboa: o BNG deixa o goberno, pero apoiará a elección de César Poza
Por Redacción |
-
César Poza, aposta do PSOE para substituír ao dimisionario alcalde de Vilaboa
Por Redacción |
-
Cisma no bipartito de Vilaboa tras a dimisión do alcalde: o BNG acusa de "desleal" ao PSOE e analiza a súa continuidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Francisco Costa deixa a alcaldía de Vilaboa tras 13 meses de mandato por "motivos persoais"
Por Redacción |