Amplían ata outubro o operativo de extinción de incendios de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade decidiu prolongar ata o próximo mes de outubro o operativo de extinción e prevención de incendios forestais activo desde o pasado mes de xullo.
Así o anunciou o goberno local, cualificando o dispositivo deste ano como o "máis grande" da súa historia.
En concreto Cerdedo-Cotobade conta nestes momentos con dúas brigadas completas conformadas por un xefe e catro peóns cada unha e outro equipo de tres operarios-condutores de vehículo motobomba. Ademais, o acordo coa Xunta polo que perciben financiamento por valor de 100.000 euros contempla a participación específica de catro traballadores municipais para limpezas de viais e rozas.
"Levamos un verán bastante positivo, xa que, a pesar da forte calor e as 55 xornadas consecutivas sen choiva apenas tivemos que lamentar dúas xornadas negras con case dez conatos intencionados en cada unha delas que afortunadamente quedaron en pouca cosa grazas ao gran número de efectivos que temos e á rápida actuación dos mesmos", explicou o alcalde, Jorge Cubela.
A pesar diso decidiuse prorrogar o dispositivo ata o 21 de outubro porque "non nos esquecemos de que, aínda que xullo e agosto son os meses de máis risco, en setembro e outubro sufrimos desgrazadamente algúns dos lumes máis grandes e daniños da nosa historia", sinala o rexedor.
O alcalde tamén anunciou que as rozas forestais ampliaranse ata comezos de novembro para minimizar no posible o risco de sufrir incendios.
Relacionadas:
-
Impulsan unha "acción transversal" para previr incendios en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade suma unha máquina de roza ao seu dispositivo de loita contra incendios
Por Redacción |
-
Preocupación por un incendio forestal en Cuntis próximo a un núcleo habitado
Por Oskar Viéitez |
-
Un incendio forestal en Aguasantas arrasa 65 hectáreas de monte
Por Redacción & Oskar Viéitez |
-
Cotobade loita contra o acoso dos incendiarios
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade activa un plan para protexer as súas 18.000 hectáreas forestais
Por Redacción |
-
Novo incendio en Viascón. "Non pode ser casual", afirma Rueda
Por Oskar Viéitez |
-
Os cinco incendios en Cerdedo-Cotobade foron obra de "criminais", segundo o alcalde
Por Alejandro Espiño |
-
Alertan de cinco incendios forestais en Cerdedo-Cotobade no prazo dunha hora
Por Diego Espiño | Creada e actualizada