Comezan na Lama as obras de mellora do Camiño do Crego
Por Redacción
Este xoves iniciábanse os traballos de asfaltado e mellora do Camiño do Crego, en Escuadra, no Concello da Lama. O alcalde, Jorge Canda, achegábase á zona para supervisar unhas obras que eran moi demandadas polos veciños xa que favorecerán as condicións de acceso dos vehículos ás vivendas.
Esta obra forma parte da actuación que se levará a cabo a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra na zona e que permitirá resolver tamén os problemas do firme existente no Camiño de San Lourenzo. En total, o Concello da Lama investirá nestas dúas actuacións 34.100 euros.
Estes traballos suporán unha suplementación importante da capa de rodadura existente, deixando o firme en mellores condicións ao recibir unha maior carga e grosor de asfalto. Deste xeito, eliminaranse por completo as numerosas fochancas existentes que se vían agrandadas polo efecto das malas condicións metereolóxicas dos sucesivos invernos.
Co novo firme, o Camiño do Crego, trazado en pendente, contará cunhas mellores condicións para o acceso rodado ás diversas vivendas que se comunican a través deste vial, así como facer máis accesible e transitable este traxecto para todo tipo de vehículos.
Relacionadas:
-
A Lama estrea o renovado Camiño do Porto
Por Redacción |
-
A Lama inaugura un punto limpo para reciclaxe de residuos eléctricos e electrónicos
Por Redacción |
-
A Lama incorpora un vehículo para a brigada de obras e servizos
Por Redacción |
-
O Concello da Lama converterá en vivendas sociais as antigas casas dos mestres
Por Redacción |