Remata a rehabilitación da Casa Priorado de Arra
Por Redacción
O Concello de Sanxexo anunciou este martes o final das obras de rehabilitación de Casa Priorado de Arra, tras un investimento de case 400.000 euros, cofinanciada pola Deputación de Pontevedra e o seu Plan Concellos.
O Goberno local estuda destinar parte do espazo a fins turísticos nos que poñer en valor o patrimonio natural e arquitectónico do interior do municipio, como o Roteiro do Padre Sarmiento ou o xacemento da Lanzada. Este uso non impedirá a súa utilización para actividades puntuais das asociacións da parroquia de Adina, onde se atopa situada esta edificación tradicional, que no seu día foi vivenda duns monxes benedictinos relacionados co mosteiro de Armenteira
O Priorado ten dúas edificacións independentes que pechan o patio central, que articula todas as salas da planta baixa. Nesta planta acondicionáronse tres locais e un almacén, aseos masculinos e femininos, un distribuidor e un alpendre. A primeira planta acollerá unha sala de usos múltiples, un despacho, un almacén e un hall. Entre as dúas plantas suman unha superficie útil de 480 metros cadrados. A obra inclúe tamén a renovación do saneamento.
A última fase dos traballos centrouse nos revestimentos de chans, paredes e teitos nas distintas estancias, así como o acondicionamento do patio exterior cunha rampla de acceso que comunica os distintos espazos. O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Urbanismo, Flavia Besada, supervisaron o final dos traballos.
Relacionadas:
-
O Priorado de Arra contará cunha sala de ensaios de música
Por Redacción |
-
O Concello humanizará a contorna da capela de San Amaro de Arra
Por Redacción |
-
Sanxenxo convertirá o Priorado de Arra nun centro de cultura artesanal
Por Redacción |
-
A rehabilitación do Priorado de Arra concluirá a finais de xuño
Por Redacción |
-
O 'ferrollo' polo coronavirus frea as obras do colexio de Vilalonga, o Pazo de Quintáns e o Priorado de Arra
Por Redacción |
-
Comeza a terceira fase das obras de remodelación da Casa Priorado de Arra
Por Redacción |
-
Sete empresas aspiran a remodelar casa Priorado de Arra
Por Oskar Viéitez |