Cruz Vermella e Zona Monumental promoven a igualdade de trato no mercado laboral
Por Redacción
Cruz Vermella pon en marcha unha nova campaña dirixida ás empresas da comarca de Pontevedra: "No emprego, conectados polo talento", unha iniciativa que ten como obxectivo promover a igualdade de trato no mercado laboral.
Desenvolveranse accións de difusión e sensibilización, así como a repartición de porta máscaras e xeles hidroalcólicos, nos establecementos pertencentes ao Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra.
Desde o Plan de Emprego trabállase con persoas en risco de exclusión social. Son persoas que na procura de emprego tópanse con diferentes obstáculos e dificultades ás que agora hai que engadir os cambios provocados pola crise da COVID-19. Para mellorar a súa empregabilidade e que cheguen a ter un posto de traballo, desde a Cruz Vermella considérase fundamental a implicación do tecido empresarial, imprescindible para a construción dunha sociedade máis xusta tanto en materia de emprego como no desenvolvemento de proxectos sociais.
Precisamente con esta campaña preténdese que máis empresas se somen a este reto e se establezan novas alianzas de colaboración con Cruz Vermella.
Actualmente, con Cruz Vermella Pontevedra colaboran 130 empresas de diferentes tamaños e sectores. No último ano, participaron na área de emprego 300 persoas, das que 212 lograron un emprego.
Relacionadas:
-
Cruz Vermella toma a Praza da Peregrina para facilitar a procura de emprego
Por Manu Otero |
-
A nova directiva da Zona Monumental trata co Alcalde solucións para a recuperación económica
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Cruz Vermella Pontevedra inicia a campaña de vendas para o Sorteo do Ouro
Por Redacción |
-
Cruz Vermella, Cermi e Cáritas recibiron 60.000 máscaras para a súa distribución entre os máis vulnerables
Por Redacción |
-
Cruz Vermella activa a campaña "Volta ao Cole Solidaria" a favor da infancia en risco social
Por Redacción |
-
A Cruz Vermella recibe 212 toneladas de alimentos do Ministerio de Agricultura para repartir na provincia
Por Redacción |