Cuntis inviste 105.000 euros nas súas propostas educativas
Por Redacción
A aposta do goberno municipal de Cuntis pola educación tradúcese no presente exercicio nun investimento total de 105.000 euros en diversas iniciativas.
En concreto investíronse 3.000 euros en axudas ao estudo, 59.586 euros no servizo Cuntilín e 42.213 euros en programas de formación para adultos.
Precisamente nese último apartado vén de dar inicio ao curso 2020 do programa de formación para persoas adultas para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). A pesar de comezar o prazo de matrícula permanece aberto e poderá incorporarse novo alumnado durante todo o mes de outubro e parte de novembro, debendo as persoas interesadas inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello.
O programa deu inicio con 16 persoas rexistradas e o ano pasado alcanzou a titulación doutras 16. Impártese no centro de formación situado no polígono da Ran, convertido nun referente no campo da formación para adultos na contorna comarcal.
"Trátase dun esforzo económico asignado a esta materia moi superior ao que realizan para estes fins a maioría de concellos da categoría de Cuntis", sinalou respecto diso o alcalde, Manuel Campos.
Relacionadas:
-
A aula CeMIT de Cuntis ofrece un servido de axuda tecnolóxica para toda a veciñanza
Por Redacción |
-
Un setembro con moita actividade na aula CeMIT de Cuntis
Por Redacción |
-
O programa de emprego para os municipios da comarca do Umia logra unha inserción laboral do 36% dos participantes
Por Redacción |