Demandan máscaras de protección FFP2 ou FFP3 para os profesionais sanitarios de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción
O sindicato UXT-Sanidade reclama á Consellería de Sanidade que se proporcionen máscaras FPP2 ou FPP3 ao persoal sanitario que traballa nos centros hospitalarios de Pontevedra e O Salnés.
Esta central sindical trasladou esta petición en varias ocasións á Xerencia por escrito sen que se adoptase ningunha medida. Afirman que, segundo a lexislación actual, as máscaras cirúrxicas non se atopan clasificadas como Equipos de Protección Individual (EPI) e, por tanto, non ofrecen garantías de protección respiratoria para o persoal.
Afirman que aos profesionais sanitarios do Servizo de Urxencias lles resulta imposible gardar as distancias mínimas de seguridade respecto a pacientes asintomáticos portadores de covid-19 que acoden aos centros hospitalarios con diversas patoloxías e tampouco se atopan con protección suficiente utilizando máscaras cirúrxicas.
Reclaman tamén unha nova avaliación de riscos laborais, que inclúa un estudo específico de avaliación do sistema de ventilación e calefacción, onde se indique se existe recirculación do sistema de aire e se se empregan en tomas de aspiración e expulsión filtros HEPA efectivos na loita contra o coronavirus.
Relacionadas:
-
Piden a destitución da xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés por "incompetencia manifesta"
Por Anxo Lourido |
-
Elevan a nove os positivos por covid-19 entre o persoal de Urxencias de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
Persoal de Urxencias denuncia que non se desinfectou tras os positivos por covid-19
Por Redacción |