A Policía Autonómica realizou durante a ponte do Pilar 32 denuncias por incumprimento das medidas anti covid-19
Por Redacción
Axentes da Policía Autonómica realizaron durante esta ponte do Pilar, entre o venres e o luns, 40 dispositivos na provincia de Pontevedra no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas fronte á covid-19.
As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público.
En total, segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, realizáronse 92 inspeccións en 8 concellos da provincia, tramitáronse 32 denuncias e houbo 47 persoas identificadas.
Os dispositivos tiveron lugar nos municipios de Cambados, Lalín, Marín, Nigrán, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda e Vigo.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.