Poio mellora o vial do Pereiro para facilitar o tránsito dos peóns
Por Redacción
Con fondos integramente municipais está a mellorar o Concello de Poio o vial do Pereiro, na parroquia de San Xoán, co obxectivo de facilitar o tránsito dos peóns pola zona.
As tarefas íanse centrar só na limpeza das cunetas, como se está a facer noutros puntos rurais, pero o goberno municipal apostou finalmente por unha actuación máis ambiciosa.
Os operarios municipais están procedendo a aplicar cuneta tendida naqueles tramos onde as características da estrada así o permite, o que fará que exista un maior espazo para os peóns.
A maiores, estase a instalar tamén unha canalización PVC. As obras afectan a unha extensión duns 2.000 metros aproximadamente.
A instalación desta tubaxe estase levando a cabo en terreos que son de titularidade municipal e non afectan a ningunha parcela de ámbito privado, polo que non foi necesario efectuar cesións, segundo explicou a tenente de alcalde, Chelo Besada.
Á marxe desta actuación e das tarefas de mantemento, limpeza e bacheo habituais, tamén se están poñendo a punto o Camiño de Costa de Abaixo, na parroquia de Combarro, e no Camiño da Fontenla, en San Xoán.
Relacionadas:
-
Veciños do Pereiro denuncian o asolagamento das súas leiras debido ás obras de saneamento de pluviais
Por Anxo Lourido |
-
Melloran a accesibilidade e os servizos do Camiño do Covelo, en Samieira
Por Redacción |
-
O goberno local de Poio insistirá na petición á Xunta dunha marquesiña para os escolares de Raxó
Por Redacción |
-
Conclúe a mellora do camiño de San Martiño, en Poio
Por Redacción |
-
A reforma da Rúa Costa de Abaixo, en Combarro, superará os 51.000 euros
Por Redacción |