Baixan os casos activos nos municipios da área sanitaria salvo Sanxenxo e Vilagarcía
Por Alejandro Espiño
Nas últimas horas, Pontevedra tan só logrou reducir nun os seus casos activos por covid-19. Son, en total, 354. Ademais, o goberno municipal desvelou que outras 1.404 persoas atópanse en seguimento por contacto estreito dun positivo.
En Marín, o número de contaxiados cae ata os 90, dous menos que o luns. Poio, pola súa banda, ten 64 casos activos. Son tres máis que onte. Outras 251 persoas están en corentena. Dous menos hai tamén en Cambados, que sitúa os seus casos activos en 77.
A tendencia contraria rexístrase en Sanxenxo, onde os casos de covid-19 continúan subindo. Son xa 87, catro máis que no último balance. Tamén aumentan, ata os 72 (dous máis), os contaxiados en Vilagarcía. Alí a corentena esténdese a outras 310 persoas.
Nos outros dous concellos que confirmaron os seus niveis de contaxio, Vilanova de Arousa e Soutomaior, reduciuse a incidencia. Cun e dous casos menos respectivamente, os contaxiados sitúanse en 32 e 23 en cada un dos municipios.
No resto da área sanitaria, Sanidade só proporciona datos dos casos diagnosticados no últimos catorce días.
Mediante este indicador comprobamos que O Grove sumou 49 contaxiados aos seus casos activos nas últimas dúas semanas, Caldas rexistrou 32, Meis e Ribadumia 28 e A Lama 22. Meaño con 20, Bueu con 18, Cuntis e Cerdedo-Cotobade con 15 e A Illa de Arousa con 10 son os seguintes.
Durante este período, en Ponte Caldelas, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas os novos contaxios non superaron os nove.
Relacionadas:
-
A incidencia da covid-19 en Pontevedra é a maior das sete grandes cidades galegas
Por Alejandro Espiño |
-
Baixada de casos confirmados por PCR nas últimas horas: 48 positivos en 660 probas realizadas na área sanitaria
Por Redacción |
-
A residencia de maiores Pontevedra, de Vilaboa, suma xa 40 casos activos de covid-19, 26 novos nun día
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés mantén unha media de 70 novos positivos diarios nos últimos días
Por Redacción |
-
Dúas novas mortes na residencia de Ribadumia elevan a 50 as vítimas mortais da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |