Mozos e mozas de 15 a 24 anos, franxa de maior incidencia da covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
As autoridades sanitarias advirten que a covid-19 está a afectar cada vez máis aos sectores máis novos da poboación. Así o demostran os datos de incidencia na cidade de Pontevedra, segundo os responsables do Servizo Galego de Saúde.
Pontevedra ten a día hoxe 303 casos activos por covid-19, seis menos que onte. A cidade mantense no nivel de máxima restrición pola incidencia acumulada.
A catorce días hai 315 casos por cada 100.000 habitantes, un dos datos máis altos de toda Galicia. Pola súa banda, a incidencia a 7 días queda en 128 casos. Iso tradúcese, segundo ese indicador, nunha media de quince novos casos ao día.
A franxa de maior incidencia da covid-19, apuntan desde Sanidade, é a que ten entre 15 e 24 anos. Por iso é polo que se iniciou un cribado con 2.700 probas en institutos de Pontevedra e os outros cinco municipios da área sanitaria con maior incidencia.
Ademais, faráselles unha PCR cada tres días a todas as persoas ingresadas no Complexo Hospitalario de Pontevedra.
No últimos sete días, realizáronse 5.119 PCR na área sanitaria a toda a poboación, das cales 373 foron positivas. É dicir, un 7% do total.
Con estes datos, Pontevedra manterá o seu peche perimetral, pero nesta ocasión tan só cos municipios de Poio e Marín. Neles, poderá reabrir a hostalería ata as cinco da tarde e só para servir en terrazas, que terán un aforo limitado ao 50%.
As reunións sociais, tanto en bares como en domicilios, poderán ser de catro persoas, sexan ou non conviventes.
Ao mesmo tempo que se alixeiran as restricións, as autoridades sanitarias piden que se teña unha especial precaución no caso dos encontros familiares e de non conviventes, que é onde se están producindo a maioría dos contaxios.
Relacionadas:
-
E veu unha segunda onda con máis mortes que a primeira
Por Oskar Viéitez |
-
Desmantelan unha festa con 26 persoas nun baixo da Praza do Teucro
Por Alejandro Espiño |
-
Apelan á "responsabilidade cidadá" para que a curva de contaxios non aumente antes de Nadal
Por Redacción |
-
Unha muller de 80 años falecida en Montecelo, vítima número 57 da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |
-
Galicia pecha as súas fronteiras ata o 9 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo e O Grove empezarán a desescalada coas máximas restricións
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A área sanitaria mantén 58 pacientes hospitalizados, oito deles na UCI, e suma 42 novos contaxios nun día
Por Natalia Puga |
-
Nova vítima mortal como consecuencia da covid-19 no Hospital do Salnés
Por Redacción |