Kiko da Silva formaliza a demanda contra o PP polas súas declaracións sobre o cartel do Entroido

Por Redacción
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, comunicou este sábado que recibiu a demanda que anunciara o debuxante Kiko da Silva contra el polas súas declaracións relacionadas sobre o cartel do Entroido de Pontevedra de 2020, nas que o líder 'popular' cuestionaba que o seu deseño adxudicouse "a dedo".
Segundo informou o PP a través dun comunicado, Rafa Domínguez declarou que "as demandas do BNG non me amedrentan. Sacaremos máis contratos que xa estamos a estudar ao detalle" e adiantou que estas accións "non van interferir no labor de fiscalización que estamos a realizar desde o Partido Popular de Pontevedra".
Así mesmo, Domínguez engadiu que lamenta "profundamente a xudicialización da vida política local e aviso ao Bloque Nacionalista Galego que "aos xulgados podemos ir todos" e indica que "o que non poden pretender é tratar de obstaculizar o noso traballo, e menos cando foron os pontevedreses os que nos elixiron para levar a cabo unha función de control sobre o que acontece no Concello de Pontevedra".
Finalmente, o 'popular' reiterou que seguirán estudando e sacando os contratos realizados polo BNG porque "nin me acovarda que me demanden os nacionalistas nin me intimida este tipo de estratexias. A súa intención é que deixemos de lanzar luz sobre máis adxudicacións como esta, un labor que entra dentro do cadro de funcións que como oposición temos que realizar".
Relacionadas:
-
A Audiencia desestima a demanda de Kiko da Silva contra Rafa Domínguez pola polémica do cartel do Entroido 2020
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez lamenta que Kiko da Silva continúe co proceso xudicial contra el
Por Redacción |
-
A Fiscalía apoia a Rafa Domínguez ante a demanda de Kiko da Silva por vulnerar a súa honra
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez declarará o 2 de xuño ante a xustiza pola súa denuncia sobre os carteis do Entroido
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Carme da Silva, sobre a comisión de investigación que pide Rafa Domínguez: "é unha pataleta dun neno pijo mal criado"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Domínguez denuncia "amiguismo" en contratos do BNG e os nacionalistas acúsano de ter "pouca ética"
Por Alejandro Espiño |
-
Do Entroido pontevedrés directo á investigación contra o cancro: "é o momento de apostar pola ciencia"
Por Natalia Puga |
-
Rafa Domínguez reta a Kiko da Silva: "Invítolle a que me demande mañá mesmo"
Por Redacción |
-
Kiko da Silva doará os 4.922 euros obtidos coa ilustración de Ravachol á investigación do cancro
Por Redacción |