Amigos de Galicia reparte mantas para axudar ás persoas máis desfavorecidas a superar a onda de frío
Por Redacción
As baixas temperaturas rexistradas na provincia nos últimos días levaron á Fundación Amigos de Galicia a organizar unha entrega especial de mantas e roupa de abrigo entre as persoas máis vulnerables atendidas pola entidade. Esta iniciativa responde o aumento de solicitudes por parte dos usuarios da entidade deste tipo de pezas con motivo da onda de frío.
Para levar a cabo esta actividade, a entidade fíxose cargo da compra das mantas; pero cabe destacar que tamén está a ser fundamental as doazóns de empresas do téxtil así como de particulares, para continuar entregando roupa de inverno entre as familias atendidas.
Ademais, a entidade tamén está a facer entrega de máscaras cirúrxicas despois de detectar que moitas das persoas usuarias non fan un uso adecuado da mesma por non dispoñer dos recursos necesarios. Ante esta situación, a Fundación procede á entrega de paquetes de 50 máscaras cirúrxicas, en función dos membros de cada unidade familiar. O investimento realizado pola entidade para adquirir estes bens ascende a 10.000 euros.
CAMPAÑA DE NADAL
A campaña “Comparte un xoguete, comparte ilusión” que a entidade levou a cabo entre o 5 de novembro e o 20 de decembro, cumpriu o seu obxectivo de entregar 2.589 agasallos entre os menores das familias en situación de risco ou exclusión social atendidas pola Amigos de Galicia en toda a comunidade.
Para iso, foron fundamentais as doazóns de particulares e empresas cuxa achega supera os 170.000 euros. Especialmente rechamante foi a achega da empresa One Oak, que cedeu reloxos e mochilas fabricados con materiais naturais e sostibles.
Relacionadas:
-
Arranca a campaña de doazón de material escolar de Amigos de Galicia
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Amigos de Galicia abre campaña de material escolar tras detectar un alarmante aumento da demanda
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A Fundación Amigos de Galicia entrega un ordenador con internet para unha menor dunha familia con dificultades
Por Redacción |
-
Alertan do incremento de maiores que aparecen mortos nos seus domicilios
Por Redacción |
-
Amigos de Galicia lamenta a morte da patroa Alicia Otero "Chicha"
Por Redacción |
-
Entrega do Roscón de Reis e reloxos sustentables da Fundación Amigos de Galicia para familias en situación difícil
Por Redacción |
-
Amigos de Galicia leva a cea de Noiteboa a 25 familias de Pontevedra
Por Redacción |