Defensa estuda a posibilidade de reducir a extensión que a Brilat ocupa en Salcedo
Por Oskar Viéitez
O xeneral de División, José Manuel Gordillo Álvarez-Valdés, Subdirector de Patrimonio do Ministerio de Defensa virá o próximo martes 17 de setembro a Pontevedra para pechar os acordos coas comunidades de montes de San Xulián, Figueirido e Vilaboa polos terreos que ocupa a Brilat.
Dende o Ministerio de Defensa informaron que "co ánimo de avanzar nas negociacións" e tras a "boa impresión da visita dos nosos técnicos a con tres das comunidades de montes", o Subdirector Xeral de Patrimonio acode a unha nova reunión con estas tres entidades.
Fontes de Defensa aseguran que se intentou fixar un encontro para este mesmo día coa comunidade de Salcedo pero que "polo momento non foi posible", aínda que "está no ánimo" do Subdirector concretar esta cita.
Dentro das alternativas para desatascar a situación con Salcedo, o Ministerio "estuda a posibilidade de reducir a extensión que a Brilat ocupa nesta comunidade e limitala á zona que ocupan as infraestruturas da base".
ÿ dicir, rebaixar a ocupación en Salcedo da Base Xeneral Morillo a unhas 30 hectáreas. A metade do que ocupa actualmente, para o que tería que renunciar a unha parte das súas infraestruturas que se distribuirían nos terreos cos que se consiga alcanzar un acordo.