Poio estuda implementar medidas diante do incremento dos contaxios
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Continúa incrementándose o número de veciños de Poio contaxiados polo coronavirus. Este sábado a Xerencia da área Sanitaria comunicou ao Concello de Poio que este domingo notificou 27 contaxios máis ata chegar aos 141 infectados.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, explicou que o Concello segue moi pendente da evolución dos datos, que "por desgraza, seguen sendo moi preocupantes".
Por iso, diante deste panorama, xa se está traballando para adoptar posibles medidas que xa viñeron aplicando a través dos protocolos efectuados durante o confinamento.
Marga Caldas informou que as primeiras medidas foron pechar instalacións deportivas durante os vindeiros dez días.
Labores como diferentes servizos a domicilio para persoas en corentena ou a desinfección periódica de espazos públicos son traballos que se seguen realizando e que se incrementarán sempre que sexa necesario.
Diante da mala evolución da pandemia no municipio o Concello de Poio reiterou a súa petición ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para que leve a cabo un cribado masivo entre a poboación de Poio. O alcalde Luciano Sobral cre que estes rastreos son unha "necesidade" para "detectar posibles cidadáns que poidan estar infectados sen sabelo", os denominados asintomáticos.
Relacionadas:
-
Van intensificarse os labores de limpeza no exterior de centros educativos, farmacias, supermercados e centros de saúde
Por Redacción |
-
Sanidade centrará no Vao o seu primeiro cribado masivo en Poio
Por Alejandro Espiño |
-
Controis informativos en Poio no primeiro día de peche perimetral individual
Por Redacción |
-
O alcalde solicita un cribado masivo en Poio diante da situación de máxima alerta no municipio
Por Oskar Viéitez |
-
Fréase a subida de contaxios en Pontevedra e Marín, pero empeora en Poio
Por Oskar Viéitez |