Rescatan un golfiño varado en Sanxenxo e devólveno ao mar en Pedras Negras
Por Redacción
Efectivos de Emerxencias Sanxenxo e voluntarios do Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) colaboraron este mércores no rescate dun golfiño común que se quedou varado na zona da Revolta.
O animal que, en principio, non presentaba signos de estar enfermo nin ferido, desorientouse probablemente durante a súa navegación e coa baixada de marea quedou atrapado na zona seca, segundo os expertos do Cemma.
Cun taboleiro improvisaron unha padiola que serviu para trasladar ao golfiño á furgoneta municipal, que logo empregaron para trasladar ao animal ao porto de Pedras Negras, no Grove, onde foi de novo liberado.
Esta tarefa non foi fácil ante o evidente estado de nerviosismo no que se atopaba o golfiño tras varias horas varado.
Persoal do Cemma realizará nas próximas horas un seguimento do comportamento do animal e comprobar que retoma o roteiro cara mar aberto con normalidade.
Esta especie de golfiño descoñece as mareas e non navega habitualmente por dentro da ría.
Relacionadas:
-
Liberan catro golfiños varados na enseada de Cespón, na Ría de Arousa
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Avistada unha manda de candorcas nas Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Os arroaces báñanse entre a Ponte das Correntes e a do Burgo
Por Redacción |
-
Avistan un par de golfiños brincando preto do porto de Marín
Por Redacción |