Conta atrás para o novo mercado de abastos de Sanxenxo coas primeiras catas de terreo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo iniciou esta semana as catas de terreo no interior e exterior do mercado de abastos da rúa Madrid dentro dos traballos previos para a elaboración do proxecto do novo edificio.
A empresa encargada de realizar o estudo xeotécnico realizará ata seis puntos de perforación de entre 12 e 15 metros de profundidade para coñecer as características do terreo en relación co edificio previsto e a contorna onde se sitúa.
Estes traballos, do mesmo xeito que o estudo topográfico previsto, realízanse para garantir a adecuación da futura estrutura e dotar ao edificio de todos os criterios de seguridade e funcionalidade que o programa de usos require.
Unha vez que se dispoña do proxecto, valorado en 4,5 millóns de euros, o goberno local iniciará a procura de financiamento entre as distintas administracións autonómicas, estatais e mesmo europeas.
A proposta gañadora, que se presentou co lema "Os luns ao sol", presenta un edificio multifuncional acristalado que acollerá o mercado de abastos, un espazo gastronómico, a biblioteca municipal, salas de lectura e espazos polivalentes cuxos usos se irán definindo. O último andar está pensado como espazo gourmet. No soto do edificio prevese un aparcamento público.
Relacionadas:
-
Cociñeiros locais farán 'showcooking' para promocionar a praza de abastos de Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo busca financiamento para facer realidade o proxecto de reforma do mercado de abastos
Por Redacción |
-
O equipo de arquitectos de 'Os luns ao sol' visitan a praza de abastos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O futuro edificio do mercado de abastos de Sanxenxo será translúcido, sostible e funcional
Por Redacción |
-
Os luns ao Sol, lema do proxecto gañador do concurso de ideas para o mercado de abastos de Sanxenxo
Por Redacción |