Pontevedra e a súa contorna seguen reducindo o número de casos positivos de covid-19
Por Redacción & Manu Otero
O número de casos activos na cidade de Pontevedra non deixa de caer. Este xoves a capital rexistra un total de 73 positivos, 8 menos que na xornada de anterior. A incidencia acumulada a 14 días é de 70 casos por cada 100.000 habitantes.
En Marín a tendencia á baixa tamén se mantén, con tres casos menos que na última xornada, para facer un total de 48. Mentres que a incidencia acumulada a 14 días, segundo os datos do Sergas sitúanse en 173. En Poio a situación está estable cun total de 28 casos activos, os mesmos que onte e unha incidencia acumulada de 93.
Tamén en Sanxenxo descende o número casos activos, que se sitúa en 23, catro menos e a incidencia acumulada é de 132. Cinco casos menos rexistra tamén Vilagarcia de Arousa, que queda con 27 casos activos e 53 de incidencia acumulada. Cambados baixa dous casos e queda con 28, Ponte Caldelas redúceos en cinco para situarse en 12 e Bueu reduce un caso e ten 4 positivos.
A tónica xeral na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue sendo de descenso. Con todo, a nivel de incidencia acumulada aínda seguen sendo preocupante os datos de Soutomaior, que se sitúan en risco alto, con 363 casos por 100.000 habitantes. Un banzo por baixo están Cambados, Ponte Caldelas, Catoira e Marín.
Pola contra, no nivel de risco máis baixo están Bueu, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Ribadumia, O Grove e Portas. Os restantes municipios da área sanitaria rexistran entre 50 e 150 positivos por cada 100.000 habitantes.
A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pode consultarse no mapa que acompaña a esta información.
Relacionadas:
-
As hospitalizacións de persoas positivas en covid baixan a 26 na área sanitaria, con 8 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria baixa ata os 385 casos activos por covid-19, dos que 33 están hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Os municipios da área sanitaria mantén a súa tendencia descendente no número de casos de covid-19
Por Redacción |
-
Tes entre 50 e 55 anos? A túa quenda para vacinarte comezará o próximo sábado
Por Alejandro Espiño |