A ministra afirma que a situación de Ence "no tiene nada que ver con la Ley de Cambio Climático"
Por Oskar Viéitez
A vicepresidenta cuarta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribeira, asegurou este martes en rolda de prensa que a situación actual da fábrica de Ence en Pontevedra "no tiene nada que ver con la Ley de Cambio Climático".
Preguntada na comparecencia posterior ao Consello de Ministros sobre a posibilidade de que a nova lei provoque o desmantelamento da fábrica de Lourizán, a vicepresidenta contestou cun "rotundamente no" e engadiu que "no hay ninguna instalación en Galicia ni en ningún otro sitio del litoral que se vea afectada por la Ley de Cambio Climático" polo que pediu "no generar una confusión que no beneficia en absoluto a la gente, ni a los vecinos, ni por supuesto a los trabajadores".
"De hecho no hay ninguna que tenga ningún problema en Galicia, y hemos trabajado con todas y cada una de las instalaciones que tenían algún tipo de preocupación al respecto", declarou Ribeira.
Segundo dixo a ministra, "el principal problema" de Ence é que ten recorrida a prórroga da concesión que lle foi concedida polo Goberno en funcións presidido por Mariano Rajoy, estando así pendente da resolución da Audiencia Nacional sobre a legalidade desa prórroga ata 2073.
"Lo que es importante es lo qué quiere hacer Ence en estos años que tiene por delante seguro con respecto a la concesión vigente", explicou a vicepresidenta, engadindo que o Goberno galego conta con "cuestiones en el radar" para o futuro da planta asociadas á actividade forestal, nas que o Executivo "estará encantado de acompañarles".
En canto ao futuro dos empregos da fábrica da ría de Pontevedra se se produce un eventual traslado da planta, Ribeira afirma que estarán "encantados de acompañar" ás administracións competentes en calquera plan de xeración ou recuperación de emprego que leven a cabo.
Relacionadas:
-
Comisións Obreiras confía na ministra Ribera e rebaixará a intensidade das mobilizacións no conflito de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno comprométese a convocar ás partes implicadas para abordar o futuro dos postos de traballo de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda advirte que a Xunta loitará "ata o último momento" por manter os empregos de ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
Comisións Obreiras busca en Bildu e Esquerra Republicana apoios para cambiar a Lei de Transición Ecolóxica
Por Redacción |
-
O comité de empresa de ENCE pediralle á ministra unha mesa de traballo polo futuro da factoría
Por Redacción |
-
A ministra de Transición Ecolóxica reunirase cos traballadores de ENCE
Por Diego Espiño |
-
O presidente da Xunta fala coa ministra de Transición Ecolóxica de ENCE e do saneamento da ría
Por Oskar Viéitez |