Tres emprendedoras de Poio protagonizan o primeiro faladoiro de "A forza das mulleres"
Por Oskar Viéitez
Natalia Viña Lledó, Marisé García Castiñeira e Mariem Filgueira Pérez son tres emprendedoras de Poio que protagonizarán o vindeiro mércores, día 24, a partires das 20.30 horas, a primeira sesión dos faladoiros "A Forza das Mulleres".
Trátase dunha serie de encontros que poderán seguirse por streaming, a través das canles oficiais do Concello de Poio, previa inscrición no correo a igualdade@concellopoio.org.
Todas elas son integrantes da Asociación de Emprendemento EnPoio. Natalia Viña é a responsable de Fisioterapia Combarro, Marisé García dirixe a Autoescola Arias e Mariem Filgueira impulsa a entidade Sherpa Empresarial.
A Concellería de Igualdade, que dirixe Silvia Díaz organizou esta inciativa no marco dos actos de de conmemoración do Día Internacional da Muller "co obxectivo de compartir experiencias e opinións sobre diferentes cuestións de interese, como poden ser as dificultades que as mulleres atopamos na sociedade patriarcal para o desempeño profesional, a imposibilidade de conciliación ou que significa ser muller nestes tempos de pandemia".
A conversa con estas emprendedoras estará dirixida pola directora do Centro de Información á Muller, Raquel Morales, e a psicóloga do propio CIM, Lidia Fazanes.
Relacionadas:
-
Tres profesionais das industrias creativas pechan os faladoiros 'A forza das mulleres'
Por Oskar Viéitez |
-
Aberto o prazo de solicitude de axudas para asociacións de mulleres en Poio
Por Redacción |
-
O terceiro faladoiro de 'A forza das mulleres' estará dedicado ao deporte feminino
Por Redacción |
-
O traballo sanitario centra a segunda cita do faladoiro virtual 'A forza das mulleres'
Por Redacción |
-
'Un día con elas', nace un novo evento de reivindicación feminista
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
8M | Poio reivindica "seguir dando pasos" para eliminar a "fenda de xénero"
Por Redacción |
-
O IES de Poio leva a escena a figura de oito mulleres históricas
Por Redacción |
-
Mulleres en Igualdade de Poio homenaxea ás traballadoras dos sectores esenciais durante a pandemia
Por Redacción |
-
O mural que pon en valor o papel da muller durante a pandemia será presentado o vindeiro sábado 6 de marzo
Por Redacción |