A construción da senda peonil e ciclista entre Bagüín e Seixo comezará a mediados de abril
Por Redacción
Preto de 565.000 investirá a Xunta de Galicia nas obras de construción da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-551, entre Bagüín e Seixo.
Estes traballos, que executará a empresa Petrolam Infraestructuras, comezarán na segunda quincena de abril. O prazo de execución é de nove meses, polo que se estima a súa finalización entre finais deste ano ou principios de 2022.
Será unha senda de case un quilómetro pola marxe dereita da estrada, en formigón coloreado, cun ancho mínimo de 1,80 metros e que disporá dunha pequena estrutura en voladizo na zona onde existe unha obra de paso.
Ademais, para facilitar o cruzamento entre a senda existente pola marxe esquerda da estrada, disporase un paso de peóns con semáforo con pulsador, antes da parada de autobús.
No marco deste proxecto tamén se mellorará o acceso á praia de Aguete, ampliando a plataforma da estrada coa fin de facilitar as manobras, mellorar a mobilidade na zona e reforzar a seguridade viaria.
Relacionadas:
-
Marín estrea a nova senda peonil e ciclista entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |
-
A senda entre Bagüín e Seixo estará rematada a comezos de 2022
Por Redacción |
-
Trece empresas optan a construír a senda peonil entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |
-
Licitan a senda entre Bagüín e Seixo, que incluirá a mellora do acceso á praia de Aguete
Por Oskar Viéitez |
-
Aproban o proxecto para construír unha senda peonil na estrada PO-551 entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |