O Concello estuda as árbores da Alameda para evitar derrubas repentinas
Por Redacción
As árbores da Alameda de Sesmero, en Pontevedra, están a ser sometidos a unhas exhaustivas probas médicas que permitirán coñecer con precisión o seu estado de saúde e factores de risco. Os profesionais da empresa Arbogal realizan exames visuais e empregan resistógrafos para pescudar como é atopan estes exemplares de gran tamaño.
O recoñecemento realizarase en 91 exemplares: 50 plátanos de sombra, 14 carballos do país, 8 carballos americanos, 16 tilos e 3 álamos. Os datos pasarán a engrosar unha minuciosa base de datos sobre esta zona verde, que inclúe a súa xeolocalización e emprazamento sobre o plano.
Os traballos de medición cos resistógrafos foron supervisados polo concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, quen, acompañado pola edil Yoya Blanco e o xefe do servizo de parques e xardíns, Manuel Fontán, recibiron unha masterclass sobre o funcionamento deste instrumento
"Un dos obxectivos do Concello neste mandato é recuperar a Alameda como espazo de centralidade da cidade e recobrar a súa maxestuosidade, cunha preocupación constante pola seguridade da cidadanía vencellada á saúde das árbores que hai neste parque. Coa finalidade de poder gozar dun espazo 100% seguro, esta sorte de TAC das árbores da Alameda permitirá reducir ata a mínima expresión, as posibilidades de risco de caídas de pólas e árbores. Estamos nun espazo natural onde o risco cero é imposible, pero desde logo si que está nas nosas mans, e o queremos facer, minimizar ao máximo este risco e, a partir de aí, poder xa iniciar os traballos de recuperación absoluta desde o punto de vista natural, estético e de uso deste espazo central da cidade", dixo Puentes.
Este aparello de última xeración mide a resistencia e penetrabilidade cunha broca de tres milímetros realizando unha incisión completamente inocua para a árbore. "Ofrece uns datos moi interesantes, con claridade absoluta, sobre os centímetros de madeira que as árbores teñen sa, dura, debilitada ou empodrecida, e as barreiras que as árbores fan contra os fungos. Estes datos van rexistrados nun software, onde se completa o estudo", apunta o responsable da empresa especializada, Faustino Meis.
Unha vez rematado o estudo, procederase á talla dos exemplares que se consideren oportunas para evitar situacións de risco ou caídas súbitas como a ocorrida en sptiembre do 2020 coa caída repentina dun bananeiro centenario.
Relacionadas:
-
Cae unha árbore da Alameda que xa estaba podrecida e pendente de ser cortada
Por Redacción |
-
A Alameda, preparada para a súa 'posta a punto' primaveral
Por Redacción |
-
A araucaria de 30 metros da Alameda volve iluminar o Nadal pontevedrés como hai tres décadas
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Cae de madrugada un dos plátanos centenarios da Alameda
Por Alejandro Espiño |