Obradoiros creativos e gastronómicos, oferta do Ganapán durante a Semana Santa
Por Redacción
A ludoteca do Mercado de Abastos de Pontevedra, O Ganapán, desenvolverá unha variada oferta de obradoiros creativos e gastronómicos durante toda a Semana Santa.
O programa de lecer infantil impulsado pola concellería de Promoción Económica e Turismo está dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos.
Estas actividades terán lugar entre o sábado 27 de marzo e o luns 5 de abril, en xornadas de dúas sesións con inicio ás 11.00 e ás 12.30 horas. Os interesados en participar que deben inscribirse previamente no correo electrónico oganapan@gmail.com, con prazo para facelo ata as 20.00 horas da xornada anterior.
A concelleira Yoya Blanco precisou que os obradoiros "serán de grupos reducidos, teremos lista de espera e do mesmo xeito que nos anteriores, no caso de que alguén se dea de baixa, chamaremos ao seguinte. Para que a inscrición sexa válida é obrigatorio mandar nun correo a seguinte información: nome e apelido do neno ou nena, idade, teléfono, día e hora nos que queren apuntarse e indicar se é para o Espazo Crea ou o Espazo Gastro".
A programación prevista arrincará o sábado 27 de marzo cun taller de elaboración de flores con materiais de refugallo e flores comestibles, mentres que o domingo 28 celebrarase unha actividade titulada 'A ra traga bólas' e elaboraranse flores con sabor a mazá.
Ademais o martes 30 de marzo haberá un taller de poñer 'O rabo ao coello' e prepararase unha receita de Semana Santa; o mércores 31 elaboraranse figuras de Pascua e cociñarase unha torta de cenoria; o xoves 1 de abril faranse vidreiras e batidos coloridos, e o venres 2 haberá un taller que consistirá en facer manualidades con pinzas e outros titulado 'Niños de cores'.
Por último o sábado 3 de abril levará a cabo un taller sobre libélulas e outro no que se prepararán gofres de plátano; o domingo 4 realizaranse xirasois con material de refugallo e piruletas de marmelada e o luns os máis pequenos terán a oportunidade de realizar diademas de coello e de elaborar filloas de pataca.
Relacionadas:
-
O Ganapán ofrece para a fin de semana talleres de cociña e para descubrir os segredos do mar
Por Redacción |
-
As inscricións no Ganapán darán prioridade aos nenos que non participasen antes
Por Redacción |
-
Talleres de cociña, percusión e manualidades con flores esta fin de semana no Ganapán
Por Redacción |