Confirman un gromo con catro positivos no servizo de Medicina Interna do Hospital Provincial
Por Oskar Viéitez
A área sanitaria de Pontevedra e o Salnés confirmou un gromo con catro positivos no servizo de Medicina Interna do Hospital Provincial.
A través dos servizos de Medicina Preventiva e a Unidade de Prevención de Riscos Laborais, mantén activo o protocolo preventivo neste servizo.
Están en "seguemento activo" catro pacientes positivos que xa foron derivados á unidade de hospitalización covid do Hospital Montecelo, onde continúan coa súa evolución á vez que se lles realiza "supervisión clínica constante".
Estas mismas fontes oficiais sinalaron que no marco deste protocolo preventivo, parte da área de hospitalización de Medicina Interna do Hospital Provincial de Pontevedra mantén algunha dependencia sen pacientes para continuar co proceso intensivo de limpeza e desinfección de habitacións, espazos comúns e áreas que utilizan os profesionais.
Esta iniciativa vaise a concluír en breve para dispoñer de novo da totalidade das instalacións asistenciais.
Relacionadas:
-
Volven aumentar os positivos por covid na área sanitaria: 238 casos activos
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Un home de 72 anos, vítima 164 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Aumentan a 213 o número de casos activos por covid-19 na área sanitaria antes da chegada dos festivos
Por Redacción |
-
Unha muller de 94 anos, vítima 163 da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |