Acordo entre Deputación e Caldas de Reis para implantar a administración electrónica
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novos convenios co Concello de Caldas de Reis e coa Entidade Local Menor de Arcos da Condesa para a implantación, formación, soporte e mantemento dunha solución administrativa electrónica.
O obxectivo destes acordos entre a Deputación e as entidades locais é o de mellorar a eficiencia administrativa, incrementar a transparencia e a participación, así como garantir servizos dixitais facilmente utilizables e mellorar a seguridade xurídica.
O tenente de alcalde e deputado provincia, Manuel González, destacou o esforzo realizado pola Deputación en materia de dixitalización e lembrou que "na Axenda España dixital 2025 se marca un eixe específico sobre a transformación dixital do sector público que no marco do Plan de Recuperación e Resiliencia busca lograr unha administración modernizada a través dunha dixitalización transversal que actúe como tractor dos cambios tecnolóxicos".
Nesta liña incidiu en que "o Concello de Caldas de Reis vai apostar por afondar na dixitalización de acordo coa Axenda 2025 e intentando aproveitar os fondos europeos do Plan de Recuperación e Resiliencia".
Relacionadas:
-
O Tribunal de Contas aplaude a implantación da administración electrónica realizada pola Deputación provincial
Por Redacción |
-
O ORAL terá unha oficina única de atención á cidadanía
Por Oskar Viéitez |
-
Caldas recupera a atención presencial nas oficinas do Concello
Por Redacción |
-
A aplicación electrónica para a xestión de sancións de tráfico chega a 24 novos municipios da provincia
Por Redacción |