Cerdedo-Cotobade inclúe no seu orzamento do Plan Concellos obras solicitadas pola cidadanía valoradas en medio millón
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade inclúe no Plan Concellos da Deputación investimentos propostos polos veciños por valor de 490.000 euros. As propostas, un total de 120 mensaxes e máis de 250 iniciativas, chegaron ao Concello por correo electrónico dentro da campaña promovida polo goberno local para elaborar os orzamentos do 2021.
As peticións veciñais incorporadas ao Plan Concellos viran ao redor da mellora de infraestruturas e accesos a vías, así como a proxectos de humanización e pavimentado. Serán incluídas na Liña 1 do plan xunto á reparación dos parques infantís, a pavimentación do acceso aos Baños de San Xusto, melloras doversas nas parroquias, a redacción do proxecto da área deportiva, flucvial e recreativa de Cerdedo, a mellora da Escola de Música de Cerdedo, a humanización da Chan e unha longa lista de intervencións.
Cubela mostrouse " moi orgulloso" dos seus veciños e veciñas, "especialmente dos menores de 25 anos que respostaron de xeito moi positivo". O rexedor puxo en valor esta iniciativa como un novo modelo de "entender a política local".
Relacionadas:
-
A humanización da entrada e saída da vila de Cerdedo entra na recta final
Por Redacción |
-
O servizo de obras e medio ambiente de Cerdedo-Cotobade refórzase con 26 traballadores
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade recibe 120 correos da veciñanza con 250 propostas aos orzamentos municipais
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade abre os orzamentos municipais á participación telemática da cidadanía
Por Oskar Viéitez |