As comisarías da Policía Nacional en Pontevedra, Marín e Vilagarcía incorporan novos efectivos
Por Oskar Viéitez
O secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia, Roberto González, valorou positivamente a incorporación de 143 novos axentes da Policía Nacional ás comisarías galegas.
Será nas próximas semanas tan pronto se publique a resolución definitiva o vindeiro luns 7 de xuño do concurso xeral de méritos.
Concretamente, segundo adiantou o SUP, para toda Galicia serán 19 subinspectores, 16 oficiais de policía, e 108 axentes. Para a Comisaría de Pontevedra virán destinados 12 policías, 1 oficial e 2 subinspectores. Para Marín 2 policías, 1 oficial e 1 subinspector e para Vilagarcía só 4 axentes.
Estes novos efectivos "serán un balón de osíxeno importante pero nos seguimos reivindicando que se incremente o persoal", indicou Roberto González.
Ademais o SUP segue reclamando a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) para a comisaría de Policía Nacional de Pontevedra xa que a consideran "imprescindible" para os labores de prevención, como o tráfico de drogas ou vixilancia en centros escolares, ademais da reacción fronte ao delito. De feito, daría servizo non só á cidade de Pontevedra, senón tamén a Vilagarcía de Arousa e Marín.
Relacionadas:
-
Dez policías en prácticas para a comisaría de Pontevedra e catro para Marín e Vilagarcía
Por Redacción |
-
A Comisaría dá a benvida a 43 policías que pasarán nove meses en prácticas na provincia
Por Redacción |
-
A Comisaría di adeus a 16 policías que completaron as súas prácticas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Cae unha rede empresarial con ramificacións en Pontevedra dedicada ao transporte de haxix
Por Oskar Viéitez |
-
Os policías reclaman máis medios para loitar contra o preocupante aumento da ciberdelincuencia
Por Oskar Viéitez |