Convocan a un cribado aos sectores da hostalería e o taxi en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra contabiliza este mércores 2 de xuño un total de 98 casos activos de covid-19, dada a incidencia actual deste virus, a área sanitaria ven de planificar para esta próxima fin de semana na capital da provincia novos cribados preventivos mediante PCR aos colectivos profesionais do sector da Restauración e a Hostalería -con 830 profesionais citados- así coma do sector do Taxi -no que se citará a un total de 93 traballadores-.
O obxectivo destes novos cribados con PCR é determinar preventivamente as posibles infeccións por coronavirus nestes grupos específicos, que desenvolven a súa labor cotiá cun alto grao de mobilidade e en permanente contacto cun amplo número de cidadáns.
A administración sanitaria pública galega contempla que esta actividade preventiva se efectúe durante os vindeiros sábado 5 e domingo 6 de xuño, en quendas de mañá e tarde, no punto PCR emprazado ao fondo do aparcamento lateral exterior do Hospital Provincial de Pontevedra, con acceso pola rúa Loureiro Crespo.
Desde a dita rúa, o dispositivo implantado pola área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten delimitado un circuíto diferenciado de acceso e saída de persoas ao mesmo, a través de sinaléctica ao longo do aparcamento, cara a facer máis dinámico o paso daqueles usuarios que se acheguen a efectuar a PCR e que serán citados gradualmente, vía SMS, para evitar concentracións ao longo das dúas xornadas de actividade preventiva.
Relacionadas:
-
Entra en vigor a orde "de obrigado cumprimento" do Ministerio coas restricións á hostalería e ao lecer nocturno
Por Oskar Viéitez |
-
Segundo falecemento por covid en Montecelo en 48 horas, unha muller de 81 anos
Por Redacción |
-
A área sanitaria baixa dos 250 casos activos e reduce a dous os pacientes en UCI
Por Natalia Puga | Creada e actualizada