Escolares plantan árbores para conmemorar o Día do Medio Ambiente
Por Redacción
Plantar árbores por Europa é o programa que desenvolve o Concello de Cerdedo-Cotobade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. En cada un dos colexios do municipio e na contorna do depósito municipal de Cerdedo desenvolveuse unha xornada de plantación na que participaba o alcalde Jorge Cubela.
A idea da campaña 'Unha árbore por Europa' céntrase en concienciar ás xeracións futuras da importancia de loitar contra o cambio climático. Desta forma, plantábanse dous carballos e unha cerdeira en cada un dos centros escolares do municipio: Carballedo, Tenorio e San Xoán Bautista de Cerdedo. Tamén se plantaron oito especies autóctonas como castaños, carballos e bidueiros en zonas próximas ao depósito municipal de Cerdedo.
A asociación xuvenil Equipo Europa, unha asociación de mozas de entre 14 e 30 anos comprometida con valores, foi a encargada de iniciar esta campaña europea na que cada máximo representante dos municipios asumen o compromiso de plantar, polo menos, unha árbore, visibilizar o desenvolvemento sostible no ámbito local e, ao mesmo tempo, involucrar aos escolares nestes temas de coidado ambiental. Nesta campaña participan máis de cincocentos municipios españois.