Aprobada a autorización para dotar de saneamento ao núcleo de Reboredo en Campo Lameiro
Por Redacción
O Consello da Xunta autorizou este xoves o convenio de colaboración co Concello de Campo Lameiro para dotar de servizo de saneamento ao núcleo de Reboredo.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, cofinanciará a actuación nun 80% coa achega de 320.000 euros. O Concello de Campo Lameiro contribuirá ao financiamento do 20% restante, destinando 80.000 euros, e asumirá a realización das xestións necesarias para a execución das obras, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.
Na actualidade, o núcleo de Reboredo carece de sistema de saneamento municipal axeitado, contando unicamente cunha canalización de augas pluviais de recente implantación. Coas novas obras darase servizo a unha poboación de 65 habitantes.
Mediante o convenio autorizado polo Goberno galego, desde Augas de Galicia executaranse as obras necesarias para levar as augas residuais urbanas á estación depuradora existente na Laxe para o seu tratamento.
A actuación proxectada consiste na construción dunha nova rede con 1.386 metros de lonxitude total, formada por seis colectores de saneamento de augas fecais, con tubaxe. Os pozos de rexistro executaranse in situ, con cerco e tapa de fundición.
Relacionadas:
-
Licitación inminente da obra de construción da rede de saneamento de Reboredo
Por Redacción |
-
Asinado o convenio para dotar de saneamento ao núcleo de Reboredo en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
O saneamento para o núcleo de Reboredo, en Campo Lameiro, custará 400.000 euros
Por Redacción |
-
O alcalde de Campo Lameiro pregunta polas obras de saneamento no lugar de Reboredo
Por Redacción |