A Policía Local regulará o tráfico nos cemiterios de San Mauro e Lérez para evitar atascos
Por Redacción
A Policía Local ten deseñado un operativo especial de tráfico para que os accesos por parte da cidadanía aos cemiterios de San Mauro e Lérez polo Dïa de Defuntos sexan o máis áxiles posibles.
Entre o 31 de outubro e o 1 de novembro espérase unha gran afluencia de persoas aos camposantos. No caso de San Mauro, co obxectivo de facilitar o estacionamento a ambos os dous lados da estrada, a Policía Local implantará só unha vía de entrada e outra de saída cara a este cemiterio.
Así, as chegadas a San Mauro canalizaranse desde a rúa San Mauro cara a rúa Camposanto. Por tanto, quedará impedido o acceso de vehículos desde cálea Pintor Laxeiro, cuxo tráfico será desviado á altura de Pintos Ricardo Portela cara a Virxinia Pereira Renda, antes coñecida como rúa Juan Carlos I.
No caso do cemiterio de Lérez, permitirase o estacionamento no acceso ao camposanto e no propio aparcamento. Alí, a Policía Local impoñerá un sentido único de circulación de forma que o acceso realizarase polo interior habitual da zona da Piolla e a saída, seguindo esta mesma vía cara a Outeiro, onde se conectará novamente coa estrada de Campo Lameiro.
Relacionadas:
-
Operativo especial de tráfico en Poio pola festividade de Defuntos
Por Redacción |
-
Limpan os accesos aos cemiterios municipais de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Sen aglomeracións nos cemiterios: visitas escasas e breves e flores desde hai días nos panteóns
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Consulta as medidas que se aplican esta fin de semana nos cemiterios de Pontevedra
Por Redacción |
-
Controis (e primeiros atascos) no peche perimetral de Pontevedra, Marín e Poio
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |