Jorge Cubela presenta en Madrid as reivindicacións de mellora da seguridade vial na N-541
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, trasladouse este venres a Madrid para presentar unha serie de emendas aos orzamentos xerais do Estado para reinvidicar que o Goberno de España execute o enlace de acceso a Cadavo (Santa María de Sacos), o de Cutián (San Xurxo de Sacos), a senda peonil entre Calvelo e Tenorio e a segunda glorieta de entrada a Cerdedo, proxectada xa en tempos de Ana Pastor como ministra de Fomento.
Cubela entrevistouse cos deputados nacionais Ana Pastor, Diego Gago, Javier Bas e Juan Constenla para solicitarlles que defendan no Congreso dos Deputados as emendas para mellorar as infraestruturas e a seguridade vial que plantexa o alcalde e que reivindican os veciños de Cerdedo-Cotobade.
Ademais, o alcalde de Cerdedo-Cotobade lembrou que cando Rajoy foi destituido, os proxectos para o municipio xa estaban moi avanzados e pendentes de ser licitados, sen embargo, non se levaron a cabo.
Durante a súa visita, Cubela destacou que quere que "se escoite alto e claro que non imos permitir que se nos siga marxinando desde o goberno de Pedro Sánchez cando son proxectos que xa estaban aprobados e pendentes de licitación por parte do anterior goberno".
Pola súa banda, a vicepresidenta do Parlamento español e deputada Ana Pastor comprometeuse a defender estas emendas e manifestou o seu "apoyo" aos veciños de Cerdedo-Cotobade e indicou que "hemos presentado enmiendas para defender las infraestructuras de Cerdedo-Cotobade y queremos que sepan que para nosotros todos los ciudadanos de la provincia de Pontevedra tienen derecho a tener infraestructuras de primera".
Relacionadas:
-
Ana Pastor censura a "tomadura de pelo" do Goberno de Pedro Sánchez con Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
BNG e veciñanza concéntranse para pedir melloras na N-541 en Calvelo
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Congreso a seguridade da N-541 en Calvelo
Por Redacción |
-
Cubela, molesto co Goberno central, pide un pacto entre municipios para reclamar melloras de seguridade viaria na N-541
Por Redacción |