Eliminado un punto de vertedura de augas residuais en Mourente
Por Redacción
Nos últimos días eliminouse un punto de vertido de augas residuais na parroquia pontevedresa de Mourente.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependentes de Augas de Galicia, localizaron nunha inspección rutineira unha filtración de augas residuais urbanas desde un pozo de rexistro do colector de saneamento municipal que discorre polo paseo peonil que da marxe do río Lérez, filtración que provocaba un vertido cara ao terreo circundante.
Augas de Galicia, unha vez realizada a avaliación correspondente deste foco, informou da situación ao Concello de Pontevedra para que adoptase as medidas oportunas e procedese á emenda desta deficiencia.
Os inspectores constataron nunha visita recente a emenda deste punto, logo de que o Concello, por medio da empresa concesionaria do servizo municipal de augas, levase a cabo a reparación do pozo de rexistro.