Pontevedra dá a benvida ao Nadal co acendido do alumeado e o poboado da Ferrería

Por Redacción
Todo está a punto para que Pontevedra entre oficialmente na época de Nadal. A partir das 18:30 horas deste venres 3 de decembro, a cidade acenderá o alumeado que decorará as principais rúas e prazas ata o próximo 6 de xaneiro.
O punto de partida será un acto que, a diferenza de anos anteriores, desenvolverase na Praza de España, para evitar que se produzan aglomeracións e os asistentes poidan cumprir coas medidas de seguridade implantadas pola pandemia.
A iluminación de Nadal xa decora 83 rúas da cidade entre as que se inclúen, como novidade, as avenidas de Uruguai e Corbaceiras.
A maiores, por vez primeira, as pontes do Burgo e das Correntes sumaranse ao alumeado de Nadal facendo un espectáculo diario, entre o 3 de decembro e o 7 de xaneiro, de 20.00 horas a 20.10 horas.
A inauguración da iluminación contará ademais cunha actuación da Banda de Música de Pontevedra e dun espectáculo itinerante de Cabalos de luz.
A esa mesma hora, abrirá as súas portas o Poboado de Nadal na praza da Ferraría e no Paseo Odriozola, e o mercado de árbores vivas que estará toda a fin de semana na Praza de Ourense.
O poboado de Nadal estará integrado por 17 casetas nas que se poderán adquirir produtos de decoración con motivos de Nadal, así como produtos de alimentación típicos da época. Esta oferta irá cambiando a medida que vaian avanzando as festas.
Relacionadas:
-
Raíña Vitoria volverá ser un dos epicentros do Nadal pontevedrés cunha pista de karts
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Un tren de Nadal percorrerá o casco histórico do 3 de decembro ao 3 de xaneiro
Por Redacción |
-
O comercio local protagoniza un Conto de Nadal de Pontevedra e pono en escena na praza do Teucro
Por Redacción |
-
As árbores naturais de Nadal terán unha segunda vida con 'Rearborízate'
Por Redacción |
-
Os Reis Magos virán a Pontevedra, por primeira vez, sen animais vivos na cabalgata
Por Alejandro Espiño |
-
A Praza de España 'róuballe' a súa árbore do Nadal á Ferrería
Por Diego Espiño |