O Mago Antón ofrecerá 28 espectáculos nos vindeiros 4 días no paseo de Montero Ríos
Por Redacción
De camiño ao aninovo e logo do concerto de Xeración Sónica, a Concellaría de Festas volve a encher ás rúas da cidade e os centros culturais das parroquias e dos barrios con música, espectáculos e maxia -o prato forte da semana entrante-, incluídos dentro da programación de Nadal.
O Magomóbil do Mago Antón será o encargado de levar á ilusión aos máis cativos nestas datas. Instalarase no paseo de Montero Ríos este domingo, 26 de decembro, e repetirá os espectáculos luns, martes e mércores.
Ofrecerá sete pases diarios, 28 en total, abertos a todos os públicos e con entrada de balde até completar aforo. A máscara será de uso obrigatorio.
Os espectáculos serán ás 12, 13, 17, 18, 19, 20 e 21.00 horas.
Tamén este domingo o espectáculo e a música volve ás rúas do centro histórico coas actuacións de Street Banda Nadal, que fará pases ás 12 e ás 17.00 horas por todo o centro histórico. A White Queen tamén desfilará polas rúas do centro histórico ás 19 horas.
Xa ás 21.00 horas o Teatro Principal acolle o Festival de Nadal do Seminario Permanente de Jazz con entrada de balde até completar aforo.
Nas parroquias os espectáculos e a música chegan mañá pola tarde a Pío - Bora, ás 17.00 horas co espectáculo Vaia frío! e a Santo André de Xeve, ás 17.00 horas co espectáculo A luz do Nadal.